Actividades

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.

 

O Camiño de Santiago representa o principal motor turístico da comunidade galega. En 2021, a pesar das restricións ocasionadas pola COVID-19, máis de 178.900 peregrinos visitaron Galicia, segundo datos do Centro Internacional de Acollida do Peregrino emprendendo marcha nalgunha das nove rutas que dirixen cara á Catedral de Santiago de Compostela.

 

Conscientes da importancia que supón como motor económico, especialmente en 2022 como Ano Xacobeo, pero sen perder de vista o respecto polo medio ambiente, xerando o menor impacto posible e permitindo á vez o desenvolvemento da contorna e a cultura, diversas empresas turísticas vinculadas ao Clúster Turismo de Galicia crearon ao redor do Camiño proxectos de turismo sostible que se mostran como casos de éxito nas súas diferentes modalidades.

 

A axencia especializada nas rutas xacobeas, Tee Travel, fomenta desde a súa iniciativa #CaminoClean un Camiño co que “deixar pegada sen deixar marca”. Consumo responsable, realización de actividades e consumo local nas paradas do Camiño, ou o fomento do transporte sostible a través da súa liña Camiño en bicicleta son algunhas das propostas que esta axencia ofrece aos que contan con ela para planificar a súa ruta xacobea.

 

Como alternativa aos albergues, diversos aloxamentos fixeron do Camiño a súa motivación principal para o desenvolvemento da súa oferta hostaleira, sendo unha panca de crecemento sostible dos seus territorios, contribuíndo a frear o despoboamento e promocionando o patrimonio local.

 

É o caso do Hotel Pousada Real ou o Hotel Roquiño, ambos situados en Caldas de Reis e posuidores do selo Q de calidade turística. Entre as súas diferentes actividades, ambos aloxamentos adquiriron un compromiso férreo coa promoción da súa comarca, fomentando a gastronomía local e o coñecemento da contorna natural de Caldas e o río Umia como enclave termal onde o peregrino pode gozar dun merecido descanso.

21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]
17 de Febreiro de 2022

O Clúster colabora con BioCultura Coruña para promover o turismo sostible

A Feira de produtos ecolóxicos, que se celebrará do 4 ao 6 de marzo en EXPOCoruña, prestará nesta edición unha atención especial ao ecoturismo.   Os […]
15 de Febreiro de 2022

Turexpo Galicia prepara xa a súa undécima edición co obxectivo de revitalizar empresas e destinos

O Salón Turístico de Galicia celebrarase no recinto feiral de Silleda do 2 ao 5 de xuño.   O recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, […]
10 de Febreiro de 2022

Navartur, próximo punto de encontro para o sector turístico

O turismo galego estará presente na Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, que se celebra en Pamplona do 25 ao 27 de febreiro.   Dúas […]