Actividades

O director da feira, Alejandro Rubín Carballo, e o director xeral de Fundo Iguaçú, Carlos Silva, asinaron en Foz de Iguaçú o documento que converterá a esta cidade na sede da próxima edición da feira en América, que se celebrará en 2018. Coa firma deste convenio ponse en marcha de forma oficial o proxecto Termatalia Brasil 2018 no que está previsto que participen profesionais do sector termal dunha trintena de países.

Esta firma do convenio estivo arroupada por importantes axentes públicos e privados da cidade brasileira de Foz de Iguaçú (Estado de Paraná) como o secretario de Turismo, Gilmar Piolla; o alcalde da Cidade, Mozo Brasileiro; e o director xeral brasileiro da central hidroeléctrica de Itaipú Binacional, Luiz Fernando Leone Viana.

A próxima edición de Termatalia en América terá lugar, por tanto, en Foz de Iguazú nas datas habituais da feira (finais de setembro, comezos de outubro) e suporá novas oportunidades para as empresas de España e Galicia, así como dos demais países participantes. Fai xa varias edicións que Brasil mostrou o seu interese por converterse en sede de Termatalia e, xunto a outros países, realizou o seu postulación oficial durante Termatalia México 2016. Foz de Iguazú é o segundo destino elixido polos estranxeiros que visitan Brasil. Ten unha localización privilexiada, na tripla fronteira de Brasil con Arxentina e Paraguai (cos que comparte as famosas cataratas) e no centro xeográfico do Mercosur. O Destino Iguazú recibe máis de 5 millóns de turistas ao ano entre os que se inclúen os que visitan as cataratas, a central hidroeléctrica e os que participan nos eventos organizados nel, xa que é tamén un destino MICE (Meetings, Incentives, Conferencing, Exhibitions). Pola posición estratéxica que ocupa, convértese nun destino accesible para América Latina e moi atractivo para o resto de países doutros continentes que queiran participar como expositores ou visitantes de Termatalia Brasil 2018.

A elección desta sede servirá tamén para reforzar a presenza de Brasil en Termatalia e para promocionar a través dela a Ourense e Galicia como destinos termais. España é o cuarto mercado receptor de turistas deste país que supera os 200 millóns de habitantes. Segundo datos de Canadian Travel & Tourism, estímase que en 2018 a cifra de brasileiros que realicen viaxes ao exterior chegue aos 11,3 millóns. Doutra banda, España é o noveno país emisor de turistas a Brasil.

07 de Agosto de 2017

Posta en marcha dos traballos para que Foz de Iguaçú acolla Termatalia Brasil 2018

O director da feira, Alejandro Rubín Carballo, e o director xeral de Fundo Iguaçú, Carlos Silva, asinaron en Foz de Iguaçú o documento que converterá a […]
04 de Agosto de 2017

Gastronomía, historia, teatro e catas de viño… algunhas das propostas para agosto das 5 Rutas do Viño de Galicia

A través de Enoturismo en Galicia, márca paraugas promovida polo Clúster Turismo de Galicia que axunta o cinco rutas do viño de Galicia, achegámonos ás propostas […]
03 de Agosto de 2017

O Festival de Cinema de Surf máis importante do planeta celebrarase en Valdoviño

En Europa, os emprazamentos para albergar o Save the Waves Filme Festival confirmados en 2017 son Ericeira, Amsterdam e Valdoviño O traballo conxunto do Concello de […]
02 de Agosto de 2017

O Clúster de Turismo de Galicia pon en marcha en agosto a súa primeira “Ruta Presume de Galicia”

A iniciativa, que percorrerá dez emprazamentos no catro provincias, supón un paso máis dentro da campaña Presume de Galicia iniciada hai agora dous anos O Clúster […]