Actividades

Expourense asinou co Instituto Nacional de Formación Profesional e Capacitación para o Desenvolvemento Humano (INADEH) de Panamá un compromiso para asesorar a esta entidade educativa en ámbitos relacionados co turismo de saúde e benestar e o enogastronómico, facilitando a presenza do INADEH nos eventos internacionais organizados por Expourense, e a participación dos seus expertos para impartir cursos de capacitación nas instalacións do Instituto. Convén lembrar que Expourense é a entidade organizadora de tres feiras de carácter internacional relacionadas con estes sectores, Termatalia, Xantar e Vinis Terrae, polo que conta con experiencia e contactos de gran valor para unha institución como o INADEH. De feito, a relación entre Expourense e o INADEH xurdiu por mor da participación de varios dos seus instrutores e alumnos na última edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico no que Panamá participou como país invitado.

Este convenio foi asinado na Cidade de Panamá e correu a cargo do director xeral de Expourense, Alejandro Rubín, e do director xeral do INADEH, Samuel Rivera, quen indicou que o obxectivo deste convenio é ?fortalecer os coñecementos dos instrutores con novas técnicas para así situar á institución como o ente superior da formación profesional no país?. Ao finalizar o acto de firma, o director xeral de Expourense recibiu a oferta académica do INADEH, a cal se comprometeu a revisar curso por curso e determinar en que áreas poden ofrecer capacitación para instrutores e participantes. Dentro deste marco de colaboración tamén se inclúe o asesoramento académico de alta calidade que poderán achegar outras entidades galegas ou internacionais, especializadas nos temas nos que a entidade quere ampliar os seus coñecementos.

19 de Abril de 2017

Expourense asina un convenio de colaboración e asesoramento co INADEH de Panamá

Expourense asinou co Instituto Nacional de Formación Profesional e Capacitación para o Desenvolvemento Humano (INADEH) de Panamá un compromiso para asesorar a esta entidade educativa en […]
17 de Abril de 2017

Relatores de máximo nivel para o III Encontro Clúster Turismo de Galicia en Ourense

O III Encontro Clúster Turismo de Galicia, que se celebrará o próximo 27 de abril en Ourense, contará coa participación de expertos de máximo nivel e […]
11 de Abril de 2017

Balance moi positivo para Expourense que congregou 117.000 visitantes en 2016

O recinto feiral ourensán celebrou en 2016 11 feiras, tres delas de carácter internacional, dous salóns e vinte eventos que supuxeron que polas instalacións de Expourense […]
10 de Abril de 2017

Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense asinan un convenio de colaboración para o desenvolvemento do III Encontros Clúster Turismo de Galicia

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Encontro, que se celebrará o próximo 27 de abril O presidente do Clúster do Turismo de […]