Actividades

 

Co obxectivo de reducir en boa medida o impacto negativo que tivo no último brote no territorio da Mariña lucense, diferentes administracións públicas están a pór en marcha iniciativas para a reactivación do sector turístico que lles permita xerar liquidez no seu tecido empresarial. “Volve atopar o Norte” é a lema dunha destas iniciativas, a da Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense que lanza unha campaña coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia coa que se pretende reivindicar A Mariña lucense como un destino situado no norte da provincia de Lugo, a beiras do Mar Cantábrico, no que o visitante pode atoparse a si mesmo e descubrir o seu Norte particular, despois duns meses nos que a sociedade tivo que soportar situacións de enorme tensión e incerteza por mor da crise da covid-19.

Ademais, a Xunta tamén traballa na creación de novos produtos turísticos no territorio que contribúan a reforzar a súa imaxe de destino seguro, a través da colaboración co xeodestino ou con entidades como a organización do Resurrection Fest, con quen se está deseñando novas iniciativas a curto prazo que axuden a reactivar o sector e dinamizar o consumo. Desde a Consellería de Cultura e Turismo mantivéronse, ademais, encontros co presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, José Francisco Real, e empresarios do sector para escoitar as súas demandas e trasladar o firme compromiso da Xunta co territorio, que tamén se beneficiará da iniciativa “Galicia, destino seguro”.

Plan de Sustentabilidade turística

Desde a Consellería de Cultura e Turismo trasladouse tamén ao sector a proposta que se quere remitir ao Goberno central de que A Mariña lucense se convirta no primeiro territorio galego no que se poña en marcha un Plan de Sustentabilidade Turística, unha iniciativa que o Estado quere implantar en colaboración coas administracións locais e autonómicas en destinos pioneiros xa consolidados e en territorios rurais e do interior. Ademais, trasladóuselle tamén a Madrid a necesidade de que desde o Estado se poñan en marcha medidas específicas de apoio a destinos afectados por rebrotes da covid-19 como A Mariña.

22 de Xullo de 2020

En marcha medidas para a reactivación turística da Mariña lucense

  Co obxectivo de reducir en boa medida o impacto negativo que tivo no último brote no territorio da Mariña lucense, diferentes administracións públicas están a […]
16 de Xullo de 2020

O Consorcio lanza unha campaña dixital e de proximidade para reforzar o destino baixo a lema ?Sanxenxo Volve?

O obxectivo é reforzar a imaxe do municipio líder do turismo vacacional en Galicia como referente de calidade e seguridade no norte peninsular O Consorcio de […]
13 de Xullo de 2020

Os organizadores da WTM insisten en que a feira se celebrará este ano

Os organizadores da World Travel Market de Londres, unha do tres feiras turísticas máis importantes do mundo, están convencidos en que o evento se celebrará en […]
10 de Xullo de 2020

Reservas de última hora e cautela: a ocupación na provincia de Pontevedra situaríase arredor do 33% en xullo e o 40% no conxunto do verán

A Deputación de Pontevedra lanza unha nova campaña para impulsar a reactivación do turismo na provincia baixo a lema “VEN” que se desenvolverá até fin de […]