Actividades

  • A cita terá lugar do 22 ao 24 de febreiro en Palexco.
  • O presidente do Clúster participará como moderador nunha mesa de debate sobre a mobilidade e accesibilidade no MICE.

 

A Coruña quenta motores para acoller o 36º Congreso de OPC España, organizado por OPC Galicia. Máis de 250 profesionais do sector MICE daranse cita esta semana, entre o 22 e o 24 de febreiro, en Palexco. O encontro contará con relatorios centrados en diversos temas de actualidade relacionados co sector, como a sustentabilidade dos eventos, a adaptación do sector MICE a tecnoloxías como a intelixencia artificial, a fiscalidade ou a xestión de patrocinios.

 

O programa do Congreso elaborouse tendo en conta o Compromiso 360º, centrándose na necesidade de que as empresas do sector MICE ofrezan aos seus clientes servizos e experiencias completas, útiles e actualizadas tecnoloxicamente, pero tamén conscientes e sostibles.

 

O avance do programa pódese consultar a través da páxina web do congreso. O evento comezará este xoves, 22 de febreiro, a partir das 12:30 horas, coa reunión do Foro MICE, e inaugurarase pola tarde dese mesmo día, ás 16:00 horas. Así dará comezo un congreso con diversos relatorios e actividades, entre os que se atopa a mesa de debate sobre a importancia da mobilidade e accesibilidade no MICE, moderada polo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. O congreso rematará o sábado, 24 de febreiro, cunha visita guiada polas rúas da cidade herculina.

 

O 36 Congreso Nacional de OPC España permitirá aos asistentes actualizar o seu coñecemento con relatores de máximo nivel e compartir ideas, inquietudes e descubrimentos. Esta cita anual é un dos principais encontros de networking entre as OPCs máis activas e innovadoras de España, que aproveitarán a súa asistencia para profundar sobre ámbitos como: provedores, destinos, prescritores e clientes.

19 de Febreiro de 2024

O 36º Congreso de OPC España reunirá a máis de 250 profesionais na Coruña

A cita terá lugar do 22 ao 24 de febreiro en Palexco. O presidente do Clúster participará como moderador nunha mesa de debate sobre a mobilidade […]
26 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia pecha Fitur 24 con 400 reunións no seu espazo de negocios, nas que participaron 1.500 profesionais do sector

Axencias de viaxes, hoteis e institucións concentraron o maior número de encontros. México, Portugal e Estados Unidos son os países que máis se interesaron polo destino […]
24 de Xaneiro de 2024

O sector turístico galego apunta como obxectivos para o 2030 a aposta pola sostibilidade, o incremento da rendibilidade e un turismo menos estacional

O presidente do Clúster Turismo presentou esta mañá en FITUR os resultados do diagnóstico ao sector, que servirá para deseñar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030. […]
23 de Xaneiro de 2024

Nova misión comercial do Clúster de Turismo á ITB Berlín

A vindeira edición da feira turística da capital alemá celébrase do 5 ao 7 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster […]