Actividades

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo que se celebrará na capital británica do 7 ao 9 de novembro.

 

O 26 de setembro é a data límite para inscribirse e optar a algunha das prazas que serán postas ao dispor de axencias de viaxes, aloxamentos e oferta complementaria.

 

O mundo do turismo mira xa a Londres. A capital británica prepárase para unha nova edición do World Travel Market London, un dos principais puntos de encontro do sector turístico no ámbito internacional, que nesta ocasión desenvolverase durante os días 7, 8 e 9 do próximo novembro. E alí estará presente, un ano máis, o turismo galego a través dunha misión comercial promovida polo Clúster Turismo de Galicia e que permitirá viaxar a Londres a representantes dunha vintena de empresas desta comunidade e tomar contacto con outros membros do sector provenientes de países dos cinco continentes.

 

Tras a pandemia da covid, os responsables da WTM London sinalan que a edición número 43 desta feira internacional “mostrará como a industria evolucionou e se remodelou nos últimos dous anos para satisfacer as demandas do novo mercado de consumo. Este é verdadeiramente un espectáculo de asistencia obrigada que unirá á industria e realmente determinará a dirección na que se dirixe”.

 

A data límite para inscribirse e participar na misión comercial do Clúster é o 26 de setembro e o número máximo de participantes será de 22 persoas. A convocatoria está destinada tanto a maioristas, axencias de viaxes (en especial, receptivos) como a representantes do sector dos aloxamentos (hoteis, turismo rural, cámpings…) e da oferta turística complementaria (turismo activo, MICE, experiencias…).

 

Os interesados deben poñerse en contacto co Clúster enviando un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com cos seus datos persoais (nome, apelidos e DNI) e os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF) para efectuar a pre-reserva.

29 de Agosto de 2022

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo que se celebrará na capital británica do 7 ao 9 de novembro. […]
28 de Agosto de 2022

A sustentabilidade, piar básico para o futuro do sector turístico

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Clúster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. […]
11 de Agosto de 2022

A Administración e o sector turístico xuntan forzas para recuperar a actividade en zonas afectadas polos incendios

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes para investir máis de 90.000 euros na creación de 45 paquetes turísticos no Courel […]
10 de Agosto de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se […]