Actividades

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016

O Clúster de Turismo de Galicia lanza este ano un novo concurso de ideas para levar adiante proxectos de cooperación entre os distintos asociados do CTG durante o 2016. As propostas, que prodán obter un máximo de 60.000 euros de financiamento, deberán virar ao redor da calidade, creación de novos produtos turísticos, uso do TIC, Camiño de Santiago ou comercialización, promoción ou internacionalización do produto ou a oferta turística.

O Clúster destinará para estas accións unha partida total de 150.000 euros co obxectivo de impulsar proxectos que permitan favorecer a cooperación entre diferentes axentes ou empresas asociadas ao CTG. Así, por exemplo, poderanse presentar propostas de campaña de difusión e elaboración de materiais, press e fam trips, xornadas de divulgación, proxectos de innovación tecnolóxica, etc.

Cabe destacar que todos os proxectos, que deberán estar executados antes do 1 de novembro de 2016, deberán presentarse por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Así mesmo, unha entidade asociada ao CTG non poderá presentar máis dun proxecto ou estar incluída en máis dun proxecto conxunto. De incumprir esta norma,quedaría excluída de todos os proxectos presentados.ou necesarias ás anteriores, debidamente justificado.

Na zona de descargas do Cluster está dispoñible tanto as bases de concurso, como os criterios de puntuación e un modelo para presentar o proxecto. A data límite para presentar os proxectos é o 20 de maio.

21 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]
21 de Abril de 2016

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau Unha representación do sector MICE galego deuse cita […]
14 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo de Galicia súmase ao proceso de implantación da FP Dual en Galicia

Responsables do CTG mantiveron un encontro con Educación para estudar a firma dun acordo marco para que os seus asociados participen desta modalidade de formación Co […]
12 de Abril de 2016

Novas distincións SICTED para Sanxenxo, que tamén fixo entrega dos seus propios premios de Calidade Turística

Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibiron o seu distintivo SICTED, 17 delas por vez primeira, o que acredita a este concello pontevedrés como o […]