Actividades

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu seis geodestinos. A través dun vídeo xeral e un para cada un dos distintos destinos compoñen a campaña, que se difunde nas redes, o ente público quere promocionar as distintas experiencias e paisaxes animando a compartilas nas redes sociais.

“A iniciativa forma parte da estratexia promocional da área de turismo da Deputación da Coruña e tenta ofrecer unha sutil información sobre o que caracteriza este territorio que pode funcionar como chamada, é dicir, patrimonio, paisaxe, camiños e diversión”, explica o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira.

Paisaxe, patrimonio e gastronomía son algúns dos recursos que protagonizan a nova oferta promocional da área de Turismo da Deputación da Coruña que difunde a oferta turística a través dun vídeo xeral no que unha visitante lle vai dando “gústame” nas redes sociais a diferentes espazos naturais e patrimoniais da provincia, exercicio que é un dos obxectivos da nova campaña: conseguir que a xente se faga eco e difunda a beleza e a oferta de calidade dos distintos destinos da Coruña.

Ademais do vídeo xeral, a campaña inclúe seis curtas particulares dedicadas a Ferrolterra, A Coruña e As Mariñas, Costa da Morte, Terras de Santiago, Ría de Muros e Noia e Ría de Arousa Norte nos que aparecen mostras deste patrimonio de gran valor turístico como son: a torre de Hércules e o porto da Coruña, a fervenza do Ézaro e o cabo Fisterra na Costa da Morte, o monte Louro e o castro de Baroña na ría de Muros e Noia, a praza do Obradoiro nas Terras de Santiago, e o cabo Ortegal ou o mosteiro de Caaveiro de Ferrolterra.

Os vídeos pódense ver tanto nas redes sociais da Deputación de Coruña como na súa web (https://turismo.dacoruna.gal) e nas dos entes de xestión dos distintos xeodestinos.

08 de Agosto de 2018

A Deputación a Coruña promociona o seu seis geodestinos turísticos a través dunha campaña en liña

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu […]
06 de Agosto de 2018

Fegatur, Agatur e o Clúster Turismo de Galicia traballan no desenvolvemento dun catálogo de produtos de turismo rural para este outono

Ao redor de 60 empresas do sector do turismo rural poderían beneficiarse deste traballo, encamiñado a dinamizar a campaña de outono nestes establecementos turísticos No marco […]
03 de Agosto de 2018

Aberto prazo para solicitar axudas para a implantación da Q de Calidade Turística

O Diario Oficial de Galicia recoje a resolución do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime […]
24 de Xullo de 2018

A Xunta reúnese cos clústers empresariais para definir as actuacións do Programa de deseño para a innovación 2020

Co obxectivo de subliñar o carácter estratéxico do deseño e a importancia da súa aplicación á innovación para a competitividade e o crecemento das empresas, a […]