Actividades

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes para investir máis de 90.000 euros na creación de 45 paquetes turísticos no Courel e Valdeorras.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, tomou parte nun encontro coa directora de Turismo de Galicia celebrado en Folgoso do Courel.

 

O municipio lucense de Folgoso do Courel foi o escenario elixido para celebrar hoxe un encontro entre a directora da Axencia Turismo de Galicia e representantes municipais e do sector turístico, e expor medidas que permitan recuperar a actividade turística e o tecido socioeconómico en xeral tras os incendios forestais que afectaron ás comarcas do Courel e Valdeorras.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, foi un dos participantes nesta reunión á que tamén asistiron os seus homólogos da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), Juan Rivadulla, e da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Francisco Xabier Almuíña, ademais de diversos representantes dos establecementos e servizos turísticos das zonas afectadas polo lume, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro.

 

Unha das medidas xa concretadas no encontro é o convenio que van asinar Turismo de Galicia e Agavi para a creación de novos produtos turísticos que permitan poñer en valor os atractivos desas zonas. O acordo prevé o desenvolvemento de seis categorías de paquetes turísticos orientados aos espazos naturais, o turismo ornitolóxico, o turismo activo e o turismo de aventura, segundo explican desde a Xunta. Ademais, haberá produtos centrados no patrimonio material e inmaterial, o turismo astronómico e o industrial, a enogastronomía e en actividades relacionadas co potencial turístico dos encoros e o Camiño de Inverno, entre outros ámbitos. En total, está prevista un investimento de máis de 90.000 euros para a creación de 45 paquetes turísticos diferentes.

 

Desde a Xunta destacan que as axencias de viaxes retallistas converteranse así en aliados importantes para facer chegar ao cliente final os produtos turísticos e os atractivos desas zonas da Galicia interior.

11 de Agosto de 2022

A Administración e o sector turístico xuntan forzas para recuperar a actividade en zonas afectadas polos incendios

A Xunta asinará un convenio coa Asociación Galega de Axencias de Viaxes para investir máis de 90.000 euros na creación de 45 paquetes turísticos no Courel […]
10 de Agosto de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se […]
08 de Agosto de 2022

Novas empresas súmanse ao Club de Produto Galicia Destino Sostible

A iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia volve medrar con máis representantes do ámbito das axencias de viaxes e do aloxamento, e co museo MEGA. […]
04 de Xullo de 2022

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O luns 18 de xullo de 2022 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster de Turismo de Galicia no auditorio da Biblioteca da Cidade […]