Actividades

Satisfacción de público e organización do evento, que incrementou espazo expostivo no terceiro Forum que recala na Coruña

Algo máis de 23.000 persoas déronse cita ao longo de tres días de intensa actividade nas que o Forum Gastronómico converteu á Coruña na capital da gastronomía da península, con presenza de destacados chefs españois e portugueses. Nesta nova edición do Forum Gastronómico creceu a área expositiva ata os 9.500 metros cadrados ocupados en ExpoCoruña que acolleron a un centenar de relatores, dos cales máis de 20 foron da cidade herculina na que foi unha edición moi centrada na nova cociña galega e na cociña de produto e de proximidade.

Repartidas entre Auditorio, talleres e o novo espazo de relatorios, Ágora, durante o tres días nos que se celebrou a cita gastronómica, promovida por Pep Palau, celebráronse 70 relatorios no que foi o terceiro Forum Gastronómico que acolle a cidade herculina e o sexto que recala en Galicia.

Á cita non faltaron os máis recoñecidos chefs galegos, moitos deles agrupados no colectivos Grupo Nove e Coruña Cociña, que tiveron o seu propio espazo de difusión. Tamén se deron cita figuras de prestixio como os asturianos Marcos Morán e Nacho Manzano, o andaluces Anxo León e Diego Galegos e os portugueses Henrique Sa Pessoa e Alexandre Silva, sen esquecer as sesions vinculadas aos oficios e produtos tradicionais galegos como o queixo ou o pan, impulsados pola Consellería de Medio Rural e a Consellería de Pesca. O viño, os destilados e a repostaría tamén tiveron un espazo no Fórum.

Finalmente cabe destacar o importante grao de internacionalización do evento,que permitiu contar coa participación de 46 empresas e 12 compradores de 6 países (Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México) que mantiveron contactos coas firmas locais grazas á colaboración da Cámara de Comercio.

16 de Marzo de 2017

Máis de 23 mil persoas déronse cita en ExpoCoruña para gozar de actividades e espazo expositivo do Forum Gastronómico

Satisfacción de público e organización do evento, que incrementou espazo expostivo no terceiro Forum que recala na Coruña Algo máis de 23.000 persoas déronse cita ao […]
15 de Marzo de 2017

Unha trintena de profesionais recibiron asesoramento para a dixitalización do sector turístico nunha xornada do Reacciona-TIC

Unha trintena de empresarios e profesionais do sector turístico déronse cita en Sanxenxo para participar na xornada “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”, programada […]
14 de Marzo de 2017

A APEHL celebra enentre marzo e xuño un total de 8 xornadas informativas sobre lexislación que afecta o sector da hostalaría

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo durante os meses de marzo, abril, maio e xuño unha serie […]
08 de Marzo de 2017

Clúster Turismo de Galicia participa por 3º año na ITB Berlin cunha misión comercial formada por 25 asociados

A delegación, que viaxa acompañada da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, desprázase a unha das feiras profesionais máis importantes para o sector turístico O […]