Actividades

  • O mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, que tamén se poderá seguir por streaming.
  • A sesión está dirixida a propietarios e directivos de empresas de aloxamento de Galicia.
  • O sistema nace grazas á colaboración do Clúster de Turismo co centro GaiásTech (Amtega) e Optimizadata.

 

O Clúster de Turismo de Galicia porá a disposición das empresas de aloxamento un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento. Todos aqueles aloxamentos que conten un PMS-Property Management System poderán empregar esta aplicación, que ademais de ser gratuíta, facilitará a xestión dos establecementos e proporcionará información de interese para as empresas turísticas.

 

O obxectivo da aplicación é poñer a disposición das empresas de aloxamento un sistema que permita comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou empresas similares no destino, os prezos, a evolución, e moito más. Así redúcese o risco na toma de decisións empresariais e increméntase a rendibilidade dos establecementos.

 

Para achegar este sistema a propietarios e directivos de empresas de aloxamento de Galicia, o vindeiro mércores, 31 de maio, realizarase unha sesión informativa no Centro GaiásTech, localizado na Cidade da Cultura de Galicia, a partir das 17:00 horas. Podes realizar a túa inscrición a través deste formulario. Durante a xornada, que se poderá seguir por streaming, intervirán os CCO e CEO de Optimizadata, Antonio García Ruiz e César Moreno Gil.

 

A sesión comezará coa presentación do sistema de monitorización, expoñendo unha análise histórica e a prospectiva de ocupación. Logo disto conversarase sobre os diferentes modelos de adhesión ao sistema. Seguidamente, presentaranse experiencias similares noutras contornas xeográficas, como é o caso da colaboración de Optimizadata con Hosbec en Valencia. Para rematar, as persoas asistentes poderán participar nunha rolda de preguntas.

23 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta o 31 de maio un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, que tamén se poderá seguir por streaming. A sesión está dirixida a propietarios […]
16 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata. O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech […]
08 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia organiza unha xornada formativa para profesionais do sector turístico sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas

Terá lugar os días 23 e 24 de maio na illa de Sálvora. Está dirixida a persoal técnico, informadores, guías turísticos en activo ou persoal de […]
05 de Maio de 2023

O investimento e a innovación no mundo do cámping centraron a xornada organizada polo Banco Sabadell na Cidade da Cultura o 25 de abril

O financiamento sostible, solucións financeiras ou solucións de cobros e pagos aplicados ao ámbito dos cámping; protagonistas da cita.   O pasado martes, 25 de abril, […]