Actividades

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega no mercado luso, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o próximo 20 de novembro un novo workshop, o último do ano, dentro do seu programa de accións de promoción da oferta turística en áreas de proximidade. Baixo o mesmo slogan que presidiu as accións de Oviedo e Valladolid de leste mesmo ano, “Galicia, máis preto de ti”, o Clúster completa esta iniciativa con esta acción que se desenvolverá no Porto, orientada a captar turoperadores do norte de Portugal.

O evento, que terán lugar en Enoteca 17.56 de Vila Nova de Gaia, consistirá nun workshop con axentes de viaxes da zona, seguido dunha cea degustación a cargo do chef Pablo Galego. O workshop, que dará comezo ás 19:00 horas, contará cun máximo de 60 empresas galegas e seguirá un formato novo coa finalidade de premiar a aqueles participantes que máis contactos realicen, que entrarán no sorteo dun premio especial ao termo da velada. A continuación terá lugar céaa degustación, con volta a Galicia ao día seguinte e paradas na Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo.
As empresas galegas que queiran participar poden remitir un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, indicando o seu nome, apelidos, empresa/entidade á que pertence e datos de contacto. O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 6 de novembro ás 14:00 horas e a asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición.

24 de Outubro de 2018

O Clúster Turismo de Galicia celebrará un novo workshop no Porto

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega no mercado luso, o Clúster Turismo de Galicia celebrará o próximo 20 de novembro un novo […]
24 de Outubro de 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, recoñecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas […]
22 de Outubro de 2018

O Consello Provincial de Turismo de Lugo dá a coñecer aos seus representantes

A Deputación promove este organismo, cuxo obxectivo pasa por buscar un modelo turístico máis competitivo e rendible na provincia A Deputación de Lugo constituíu o Consello […]
17 de Outubro de 2018

Galicia recibe un fam trip de empresarios de golf británicos para coñecer a súa oferta deportiva e termal

Sete representantes de clubs de golf de Londres visitan até o sábado as instalacións e a oferta dalgúns dos clubs e aloxamentos incluídos dentro dos paquetes […]