Actividades

Estas subvencións da Axencia Turismo de Galicia están destinadas á creación de produto, comercialización do destino Galicia e transformación dixital.

 

As axencias de viaxes dispoñen dunha nova liña de axudas económicas para facer fronte ás consecuencias da pandemia da covid e relanzar a súa actividade. A convocatoria que acaba de lanzar a Axencia Turismo de Galicia está dotada cun orzamento de 650.000 euros procedentes do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e prevé o financiamento ao 100 % de gastos correspondentes a dous ámbitos diferentes.

 

O primeiro epígrafe destas axudas refírese á creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia e inclúe gastos como deseño e elaboración de soportes de comunicación (audiovisuais, folletos, carteis, anuncios, merchandising…), desenvolvemento das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación), promoción en liña (actualización de páxinas web, posicionamento SEO, márketing dixital) e pertenza a grupos de compra ou xestión de ferramentas para a creación e/ou comercialización do destino Galicia.

 

A outra liña de gastos subvencionables céntrase na transformación dixital: custo de licenzas de programas de xestión para o 2022, gastos de ferramentas de comercialización de servizos para este mesmo exercicio, adquisición de equipos informáticos, asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información, e asistencias para actividades de dixitalización (xestión de plataformas, creación de contidos, xestión de redes…).

 

Os beneficiarios poderán subvencionar gastos efectuados entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro deste ano. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a contar desde o 31 de maio.

30 de Maio de 2022

Nova convocatoria de axudas para as axencias de viaxes por importe de 650.000 euros

Estas subvencións da Axencia Turismo de Galicia están destinadas á creación de produto, comercialización do destino Galicia e transformación dixital.   As axencias de viaxes dispoñen […]
25 de Maio de 2022

O Clúster pon ao dispor dos seus socios 25 invitacións para a bolsa de contratación de Turexpo Galicia

Os participantes poderán contactar con operadores turísticos nacionais e internacionais os días 2 e 3 de xuño no marco da feira que se celebrará en Silleda. […]
23 de Maio de 2022

Italia, nova parada do Clúster na campaña de internacionalización do destino Galicia

Desde hoxe e ata o 26 de maio participa xunto con cinco empresas galegas nun Roadshow organizado por Turespaña que percorrerá Roma, Catania, Bolonia e Milán. […]
19 de Maio de 2022

O Clúster continúa no Porto a campaña de internacionalización do Destino Galicia

Unha trintena de empresas galegas participaron nun workshop con emisores portugueses para expoñer a variada oferta turística da nosa Comunidade.   O chef galego Iván Domínguez […]