Actividades

O presidente do Clúster participou en Madrid nunha das mesas redondas do sexto Encontro Anual da entidade impulsada pola Organización Profesional de Congresos de España.

 

Pardal destacou a celebración en Galicia de tres reunións de alto nivel durante a presidencia española da UE e avogou por aproveitar ese período para seguir impulsando este sector.

 

O Clúster Turismo de Galicia foi un dos protagonistas do sexto Encontro Anual Foro MICE, celebrado este martes, 28 de marzo, en Madrid coa participación dun destacado grupo de representantes do sector turístico de toda España. O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, formou parte dunha das mesas redondas que se desenvolveron durante toda a mañá e tivo así a oportunidade de explicar o peso e o potencial que o sector do turismo de reunións, incentivos, conferencias e exposicións ten en Galicia.

 

Cesáreo Pardal compartiu tempo e espazo de reflexión con Belén Valentín-Gamazo, CEO de Best Way e presidenta de Adeaza; e Eva Garde, directora do Granada Convention Bureau, nunha mesa redonda moderada por José Miguel Gimeno, vicepresidente de Travel Advisors Guild e CEO de MTGlobal. Pardal detallou na súa intervención que o MICE “é un dos segmentos turísticos que máis contribúe a paliar a estacionalidade da actividade turística nos destinos, xera valor e crecemento e mantén a calidade e estabilidade no emprego”. Así, apuntou que o gasto medio do turista de reunións triplica o do turista de lecer.

 

No caso concreto de Galicia, explicou que a colaboración público-privada, o traballo da OPC Galicia e a creación de Galicia MICE son algúns dos factores que contribuíron a que a comunidade se teña convertido nos últimos 10 anos nun “destino de referencia para o turismo de congresos”, tal como pon de manifesto o feito de que no 2019, o 12 % dos visitantes que recibiu Galicia fixérono por este tipo de eventos.

 

As distancias curtas para os desprazamentos, a proximidade das sedes a espazos naturais e a aposta polas propostas sostibles, a personalización da oferta e o valor engadido que supoñen elementos como gastronomía galega e o Camiño de Santiago foron sinalados polo presidente do Clúster entre as fortalezas do turismo MICE en Galicia e como elementos que explican tamén que a comunidade “vaia a ser sede de tres reunións de alto nivel da presidencia española da Unión Europea”.

 

Cesáreo Pardal concluíu a súa intervención destacando que tanto Galicia como o conxunto de España teñen aínda unha gran capacidade de crecemento neste ámbito e formulando unha petición: “Cremos que a presidencia española debe servir como escaparate e altofalante do sector turístico español e dunha maneira destacada do turismo de Congresos e reunións, por iso solicitamos a creación de espazos e/o reunións durante a presidencia co fin de ensinar a potencialidade de España e cada unha das Comunidades”.

29 de Marzo de 2023

Cesáreo Pardal reivindicou no Foro MICE o papel deste sector turístico para loitar contra a estacionalidade

O presidente do Clúster participou en Madrid nunha das mesas redondas do sexto Encontro Anual da entidade impulsada pola Organización Profesional de Congresos de España.   […]
23 de Marzo de 2023

Os nosos restaurantes presumen de talento nas galas da Guía Michelin e do certame De Tapas por Galicia

Un total de 54 establecementos foron distinguidos pola popular publicación durante o acto celebrado na Coruña.   O restaurante Paprica e o ArteSana Gastrobar gañaron os […]
18 de Marzo de 2023

FITUR cualifica de “referencia para o sector turístico” o stand de Galicia na pasada edición da feira

Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo […]
12 de Marzo de 2023

O Clúster e Galicia Destino Sostible viaxan a Londres con Turespaña para promocionar o turismo sostible

Cesáreo Pardal será un dos relatores do primeiro foro Spain’s Sustainability Day, que se celebrará na capital británica o 26 de abril.   A xornada concluirá […]