Actividades

Galicia Turismo Rural, a central de reservas xestionada por FEGATUR e Agatur coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e Axencia Turismo de Galicia estrea nova cara. E faio agrupando todos os aloxamentos de turismo rural que agrupa en 18 destinos, ademais de incorporar un potente buscador que permitirá atopar o aloxamento de turismo rural que mellor se acomode ás nosas necesidades (por destino, prezo, categorías ou servizos extras).

Dunha maneira cómoda e directa, os interesados poden realizar as reservas de aloxamento, consultar as súas características, a localización e os seus servizos e mesmo unha ficha técnica que inclúe os datos básicos de contacto ou puntuar a experiencia. Estas puntuacións serven así para elaborar un ranking dos mellores destinos e casas de turismo rural máis valoradas, que pode consultarse na páxina principal do portal, unha ferramenta fundamental para mellorar o acceso destes aloxamentos ás novas tecnoloxías e facilitar a súa consulta entre os viaxeiros.

29 de Agosto de 2016

A central de reservas de Galicia Turismo Rural estrea nova imaxe

Galicia Turismo Rural, a central de reservas xestionada por FEGATUR e Agatur coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e Axencia Turismo de Galicia estrea nova […]
25 de Agosto de 2016

Seleccionados o cinco proxectos que optarán ao Premio Incitus 2016

O Movemento Incitus púxose de novo en marcha cunha nova edición do seu programa de mentorización para a mellora do sector hostaleiro galego. E fíxoo seleccionado […]
19 de Agosto de 2016

Xunta e Clúster da auga asinan un acordo para crear a marca Augas de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste produto

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, asinou un convenio co Clúster da auga Mineral e Termal por importe de […]
16 de Agosto de 2016

A Ruta do Viño Rías Baixas estrea web para dar resposta ás necesidades do enoturista actual

No marco das actuacións que se están levando a cabo con motivo do 20 aniversario da Ruta do Viño Rías Baixas, a entidade sen ánimo de […]