Actividades

Entre o 20 e o 22 de xuño Ferrol acolleu a segunda edición do Foro de Turismo e Mercadotecnia ForturMark, co obxectivo de profundar no uso da mercadotecnia aplicada ao turismo. O foro é froito Plan de Competitividade Turística 2015 asinado entre a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol.

Dirixido a profesionais e empresarios do sector turístico e do comercio de Ferrol e comarcas, así como a asociacións empresariais da zona, a participación foi gratuíta previa inscrición vía email en turismo@ferrol.es, indicando os seus datos persoais e da empresa así como a quenda solicitada entre as 10.00 e as 14.00 horas. O obxectivo é mostrar as innovacións e boas prácticas de mercadotecnia e comunicación que xa desenvolven as empresas de envergadura e trasladalas aos empresarios locais co fin de que os participantes adquiran habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías e aplíquenas aos seus negocios.

O foro, que se celebrou no Parador de Ferrol, inclúe entre os seus participantes ao experto en markenting turístico Isaac Vidal, que será o encargado de inaugurar o foro, introducindo aos asistentes no concepto de “inboud marketing”, con fórmular para atraer e conseguir a fidelidade do cliente online. Gersón Beltrán, pola súa banda, impartiu o curso “O teu negocio social, local e  móbil” mentres que o xornalista ferrolán Luís Fraga foi o encargado de pór punto final a Fortumark 2016 co seu relatorio sobre “Media training”, unha sesión teórica e práctica para penetrarse no mundo dos medios de comunicación.

foro turismo ferrol

17 de Xuño de 2016

Nova edición de #ForturMark en Ferrol para coñecer boas prácticas de mercadotecnia aplicadas ao turismo

Entre o 20 e o 22 de xuño Ferrol acolleu a segunda edición do Foro de Turismo e Mercadotecnia ForturMark, co obxectivo de profundar no uso […]
16 de Xuño de 2016

Proxectos aprobados no Concurso de Ideas para o seu desenvolvemento polo Clúster Turismo de Galicia 2016

Tras unha valoración técnica realizada pola asistencia técnica do Clúster de Turismo de Galicia conforme aos criterios de valoración recollidos nas bases do concurso de ideas, […]
15 de Xuño de 2016

Hostelería de Compostela xuntamente coa Fundación Cidade da Cultura e o Clúster Turismo de Galicia lanzan o proxecto Compostela Destino 5 Estrelas

O proxecto persigue a promoción e desestacionalización turística de Santiago de Compostela durante a primeira quincena de xullo. Ofertarase un pack turístico para estancias de dúas […]
14 de Xuño de 2016

O ITH celebra unha xornada de eficiencia enerxética para hoteles en Ourense

O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH) organiza en Ourense o martes 21 de xuño unha xornada de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética en hoteis. Dirixida aos directivos ou […]