Juan Gil de Araujo, de Adegas do Palacio de Fefiñanes, foi reelixido presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no Club de Produto das Rutas do Viño de España. A elección realizouse por unanimidade da xunta directiva.
O secretario xeral do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Ramón Huidobro, incorpórase como vicepresidente desta asociación sen ánimo de lucro. Completan o órgano directivo Gonzalo Pita, tenente de alcalde do Concello de Sanxenxo, como secretario, e Xavier Zas, da adega Condes de Albarei, como tesoureiro.
As eleccións da Ruta do Viño Rías Baixas deron como resultado 11 vogais da xunta de directiva, ademais de Ramón Huidobro e Ruth González en representación do Consello Regulador e de Turismo Rías Baixas, respectivamente. Todos eles tomaron posesión dos seus cargos para despois realizar a votación correspondente dos directivos que no próximos catro anos dirixirán a asociación sen ánimo de lucro. Así, a xunta directiva da Ruta do Viño Rías Baixas está composta por:
Juan Gil de Araujo, Adegas do Palacio de Fefiñanes
Gonzalo Pita, tenente de alcalde do Concello de Sanxenxo
Xavier Zas, Condes de Albarei S.A.U.
Jesús María Fernández, alcalde do Rosal
Arturo Grandal, rexedor de Salvaterra de Miño
José Ramón Abal, concelleiro de Enoturismo de Cambados
Antón Fonseca, Adegas Terras Gauda
Antonio Ruiloba, Adegas A Val
Benjamín Míguez, Casa Rural María Barguiela
Meritxell Marcos, Parador de Turismo do Albariño
Laura Dosil, Hotel Talaso Louxo A Toja
A xerente da Ruta do Viño Rías Baixas, Lorena Varela, aproveitou a ocasión para falar coa nova xunta directiva sobre as próximas accións de promoción previstas. Estas son as actividades dentro do programa con motivo do Día Europeo do Enoturismo (cata en catamarán e V Cata Amateur) e o II BTT Ruta do Viño Rías Baixas, que terán lugar durante este mes de novembro.
O novo presidente emprazou a todos os vogais a unha próxima reunión na que se falará sobre as accións desenvolvidas desde a asociación sen ánimo de lucro, así como sobre os próximos obxectivos e actividades que se exporán de cara ao ano 2018.