Actividades

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.

 

O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria para optar ás convocatorias de axudas para a hostalería e a restauración abertas pola Xunta serán abordados no webinar que terá lugar mañá, xoves 14 de outubro, de 16.30 a 18.30 horas. Trátase dunha iniciativa da Axencia Turismo de Galicia que busca dar visibilidade a estas subvencións da Xunta. A participación está aberta a todos os profesionais e empresas do sector da hostalería e a restauración.

 

A sesión centrarase tanto nas axudas para a promoción da dixitalización e o márketing dixital como nas destinadas aos investimentos postcovid de modernización e mellora da competitividade. Cada unha destas dúas liñas está dotada con 6 millóns de euros. No primeiro caso, os beneficiarios poderán recibir o 100 % do gasto ata un máximo de 15.000 euros e o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o 25 de outubro. No segundo caso, o investimento máximo subvencionado será de ata o 90 % cun límite de 50.000 euros por beneficiario e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 8 de novembro.

 

Os interesados en participar no webinar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://xunta.webex.com/xunta/j.php?RGID=r65b2ca7a735512945e1ee5f3f0898969

 

 

13 de Outubro de 2021

Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.   O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria […]
07 de Outubro de 2021

Prescritores e operadores turísticos portugueses descobren a oferta golfística galega

Participan estes días nunha viaxe de familiarización promovida polo Clúster a través do proxecto Galicia Golf Saúde.   Un grupo de prescritores e operadores turísticos chegados […]
05 de Outubro de 2021

Máis dun centenar de restaurantes participan na campaña Écociña no Camiño

O Clúster mostrou o seu apoio a esta iniciativa presentada en Vilanova de Arousa por Nava Castro.   Os restaurantes situados nas marxes das distintas rutas […]
02 de Outubro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia presenta a campaña “Presume de morriña” cun concurso de foto e vídeo relatos compartidos nas redes sociais

Cesáreo Pardal destaca que a acción está dirixida ás persoas que viaxan dende Galicia ou dende España e busca alentar o desexo de volver a desfrutar […]