Actividades

Un total de 88.679 persoas rexistraron unha visita nalgún dos socios da Ruta, o 94% deles en adegas

En 2015 a Ruta do Viño Rías Baixas recibiu un total de 88.679 visitantes dos cales case o 94% rexistrouse nalgunha das 52 adegas adscritas a esta ruta, que tamén ten asociados outro tipo de establecementos como aloxamentos, museos ou establecementos de restauración. Esta cifra, que supón un novo record para o único itinerario enoturístico galego certificado polas Rutas do Viño de España, supón, a dicir dos responsables da Ruta do Viño Rías Baixas que cada adega recibiu unha media de 1572 visitantes en 2015.

De acordo cos rexistros proporcionados polos propios socios, a subzona de Val do Salnés, cuxa oferta enoturística inclúe 36 adegas, é a que contou en 2015 con maior número de turistas, aglutinando algo máis do 90% do rexistro total e unha media de 2.113 persoas, mentres que a empresa vitivinícola con maior afluencia de turistas, situada tamén nesta subzona, acumulou un total de 15.006 visitas.
Por orde de número de recepción de visitantes ao Salnés séguelle O Rosal, onde se rexistraron 4.925 asistentes durante o pasado ano nas 6 adegas asociadas cunha media de participantes en percorridos guiados nesta subzona de 704.
En terceiro lugar atópase Condado do Tea, con 8 adegas socias, onde o rexistro de visitas ascendeu a 1.946 durante 2015 cunha media de 243 persoas. Pecha a listaxe a subzona de Ribeira do Ulla, onde as dúas adegas asociadas recibiron a 333 visitantes.
Esta é a primeira ocasión en que a Ruta do Viño Rías Baixas dá a coñecer os datos pormenorizados sobre os visitantes que percorren as 52 adegas asociadas e repartidas nas subzonas de Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal e Ribeira do Ulla.

15 de Xullo de 2016

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu en 2015 unha media de 1572 visitantes nas súas adegas alcanzando novo record

Un total de 88.679 persoas rexistraron unha visita nalgún dos socios da Ruta, o 94% deles en adegas En 2015 a Ruta do Viño Rías Baixas […]
12 de Xullo de 2016

A Asociación Europea de Balnearios premia unha investigación galega sobre os efectos das augas mineiromedicinales sobre a artrose

O premio de innovación que a Asociación Europea de Balearios concede anualmente recaeu na investigación que sobre termalismo de saúde levada a cabo polos investigadores da […]
11 de Xullo de 2016

O Campus da auga de Vigo promocionarase en Termatalia México

A través dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e Expourense Do mesmo xeito que xa se fixo con ocasión da celebración de Termatalia […]
08 de Xullo de 2016

Un centenar de golfistas pechan a rolda clasificatoria do Circuíto Senior Turismo de Galicia

O campo asturiano da Barganiza foi a quinta e última proba para acceder á final que se celebrará en Mondariz en outubro Un total de 103 […]