Actividades

  • A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os salóns paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca, recibiron máis de 100.000 visitantes en catro días.
  • O Clúster de Galicia de Turismo participou na duodécima edición de TurExpo Galicia cun espazo propio.

 

O recinto feiral de Silleda acolleu do 8 ao 11 de xuño a 45ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, un evento que contou coa participación de 740 expositores directos e coa representación de 361 firmas e 36 países. Paralelamente celebráronse os salóns Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca. En total foron 102.689 as persoas que visitaron o recinto.

 

Festur e Turexpo Galicia, tamén coñecido coma o Salón Turístico de Galicia, contaron con multitude de empresas e entidades do sector: desde a Axencia para o Desenvolvemento Turístico de Ucraína (SATD), ata 31 concellos que promocionaron 40 festas galegas de interese turístico.

 

A participación do Clúster de Turismo de Galicia centrouse na posta en valor do destino Galicia, contando para iso cun espazo expositivo a través do cal se deron a coñecer diversas iniciativas da entidade, como Galicia Destino Sostible ou Galicia Destino Familiar. Moitas das persoas que visitaron o stand preguntaron sobre as experiencias de turismo sostible, interesándose de xeito especial polas rutas naturais; e a visita das familias á feira permitiu a promoción do turismo en familia, dando visibilidade aos establecementos galegos especializados neste segmento. Máis de 120 persoas visitaron o stand, sendo varias as entidades interesadas en recibir asesoramento, ou no proceso de adhesión ás iniciativas do Clúster.

 

A Bolsa de Contratación Turística destacou con máis de 2.200 reunións de negocio entre 140 empresas e unha trintena de turoperadores presentes en doce países: Alemaña, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, España, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Uruguai. De todas elas, unhas 500 reunións foron realizadas por parte das empresas que participaron desde o Clúster de Turismo de Galicia. Ademais, os operadores turísticos trasladaron o grande interese das propostas e destinos que coñeceron, ademais do seu agrado por participar nunha feira de turismo enmarcada nun certame multisectorial, con sectores paralelos atractivos para eles coma o da alimentación.

 

O evento constituíu unha gran xeración de negocio, tanto na área expositiva coma nos encontros de compradores e turoperadores, que mesmo pecharon algún acordo ‘in situ’.

14 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo promociona o turismo sostible e familiar en Turexpo

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os salóns paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca, recibiron máis de 100.000 visitantes en […]
06 de Xuño de 2023

A Xunta convoca as axudas para a obtención ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística e da “S” de Sustentabilidade Turística

A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta desde o 7 de xuño ás 00:00 horas ata o 6 de xullo ás 23:59 horas. Poden optar a […]
23 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta o 31 de maio un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, que tamén se poderá seguir por streaming. A sesión está dirixida a propietarios […]
16 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata. O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech […]