Actividades

Ao longo de 2019 están a desenvolverse diferentes accións co obxectivo de promocionar o territorio como destino enoturístico.

A Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, acaba de conceder o rexistro da marca “O Camiño do Viño” á Asociación Ruta do Viño do Ribeiro. “O Camiño do Viño” é unha iniciativa da Ruta do Viño do Ribeiro que tenta consolidar unha marca xenérica co fin de potenciar o territorio da comarca do Ribeiro como destino enoturístico e converterse en marca paraugas que acolla toda a promoción do Ribeiro como destino enoturístico e como comarca vitivinícola histórica. Para iso ponse en valor o territorio, a paisaxe, os recursos arquitectónicos culturais e outros como o termalismo, utilizando o viño Ribeiro e a riqueza da súa historia como fíos condutores a través dunha serie de accións que se están levando a cabo á longo de todo o ano, como a difusión a través de redes sociais, a edición de folletos, vídeos e anuncios da Ruta do Viño do Ribeiro, a presentación teatralizada da entrada do viño en Santiago a través da Porta de Marazelos, o simposio organizado este mes ao redor da pegada histórica do viño no Camiño de Santiago ou a posta en marcha de viñobuses para percorrer as rutas históricas vinculadas ao Ribeiro

O obxectivo final, segundo o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro e do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares, non é outro que “espertar a memoria de Galicia respecto ao Ribeiro, un territorio e un viño que durante séculos foi un dos motores económicos da nosa terra, e pór en valor un rico patrimonio material e inmaterial que nalgún momento debese ser reivindicad” e que se está desenvolvendo conxuntamente coa aposta polo recoñecemento do Camiño Miñoto Ribeiro; coa potenciación da figura do Camiño dos Arrieiros e mesmo co desenvolvemento doutras accións como pode ser o deseño dunha ruta de lagares rupestres no Ribeiro.

12 de Setembro de 2019

A Ruta do Viño do Ribeiro dá un paso máis na súa aposta pola vinculación do destino enoturístico co Camiño de Santiago

Ao longo de 2019 están a desenvolverse diferentes accións co obxectivo de promocionar o territorio como destino enoturístico. A Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]
11 de Setembro de 2019

A “Semana Termatalia” sitúa a Ourense como centro internacional de formación e negocio en turismo de saúde

No marco de Termatalia, que se celebrará en Ourense o 19 e 20 de setembro como ponte termal entre continentes e evento de interese sanitario, segundo […]
04 de Setembro de 2019

Nova edición de Cantos na Maré, esta vez baixo o paraugas da marca Fest Galicia

Pontevedra volverá acoller, do 13 ao 15 de setembro, unha nova edición de Cantos na Maré, o festival internacional de lusofonía que este ano volve apostar […]