Actividades

A Asociación Provincial de Hostalería da Coruña súmase á campaña da Xunta de Galicia para concienciar á sociedade sobre a necesidade de facer un uso responsable da auga a través da campaña da Consellería de Medio Ambiente “Usa a auga con cabeza”. Segundo o acordo alcanzado os establecimentos da asociación pegarán adhesivos nos espellos dos aseos dos establecementos asociados co fin de lembrarlles aos clientes e aos traballadores do sector a importancia de aforrar no consumo dun recurso ?imprescindible como fonte de vida, pero finito?.

Para levar a cabo esta acción repartiranse 25.000 adhesivos e 10.000 carteis informativos entre as máis de 1.200 empresas hostaleiras coruñesas para, posteriormente, trasladar a iniciativa ás outras tres provincias. Os adhesivos da provincia da Coruña levarán impreso un deseño rechamante cuns elefantes paseando polas inmediacións da Torre de Hércules, incidindo así en que Galicia, a pesar de non ter características dunha terra seca, é posible que nun futuro si sufra problemas de facer un uso irracional da auga.

26 de Xullo de 2017

Uso responsable da auga por parte da hostalaría coruñesa

A Asociación Provincial de Hostalería da Coruña súmase á campaña da Xunta de Galicia para concienciar á sociedade sobre a necesidade de facer un uso responsable […]
24 de Xullo de 2017

Deputación de Ourense e Ruta do Viño do Ribeiro promoverán o enoturismo na provincia

A Deputación de Ourense e a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro cooperarán para promover o enoturismo e as actividades relacionadas con esta modalidade, co obxectivo […]
20 de Xullo de 2017

Comeza a nova tempada de mini cruceiros costeiros polas rías de Galicia

Agardan mellorar os resultados da primeira tempada ao ofrecer maior número de días navegables e máis opcións Entre xullo e novembro deste ano desenvolverase a nova […]
19 de Xullo de 2017

Ingavi e Cidade da Cultura renovan o seu compromiso para seguir ofrenciendo formación no Gaiás

O Instituto Galego do Viño renova o seu convenio coa Cidade da Cultura de Galicia para promover no próximos cinco anos actividades formativas e de asesoramento […]