Actividades

A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xuño no recinto feiral de Silleda

O Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá abrir as súas portas entre o 7 e o 10 de xuño no recinto feiral da Semana Verde de Silleda para dar acollida a un gran número de casetas institucionais e privadas, entre os que estará tamén presente o Clúster Turismo de Galicia cunha caseta propia. Tampouco faltará espazo para as festas galegas de interese turístico, que terán o seu propio espazo en Turexpo Galicia, a través da feira Festur, nin a habitual Bolsa de Contratación Turística, na que se darán cita un toral de 43 turoperadores de 12 países como Alemaña, Brasil, Canadá, Dinamarca, Francia, Gran Bretaña, Italia, Polonia, Portugal, Rusia e, por primeira vez no salón, Xeorxia. Estes operadores internacionais e nacionais coñecerán a oferta de numerosas empresas do sector do turismo, a maioría galegas. Estas poderán mostrarlles detalladamente as súas propostas aos turoperadores co obxectivo de que as incorporen ás ofertas que farán aos seus clientes nos seus países de orixe. Será a través de reunións agendadas en función dos intereses de ambas as partes, as cales terán lugar durante o primeiro día e medio do certame.

A maioría destes turoperadores estableceron como preferencias para coñecer nestas reunións propostas de gastronomía, enoturismo, lecer e cultura, hoteis, spas e balnearios, turismo activo, almacenistas e axencias de viaxes, suscitando tamén interese os parques naturais, o turismo rural e as empresas de servizos.

Como novidade nestas mesas de negocio, participan por primeira vez empresas especializadas en turismo familiar, en viaxes para singles e en turismo de experiencias, e tamén importantes empresas que comercializan aloxamentos. A Bolsa de Contratación Turística, a cal conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, será así unha vez máis unha inmellorable plataforma de negocio para as empresas participantes e o sector turístico galego.

Viaxe de familiarización

A estas mesas de negocio a Bolsa de Contratación engadirá o venres día 8 pola tarde e o sábado 9 durante todo o día un post- tour, unha viaxe de familiarización que levará aos turoperadores á ría de Muros e Noia e a Fisterra. Así as cousas, o venres realizarán un paseo polo centro histórico da vila de Noia e verán unha posta de sol no Castro de Baroña, para logo cear en Porto do Son. Xa o sábado, subirán a un vagón do Museo Mineiro de San Finx (Lousame) e visitarán tanto a central hidroeléctrica do Tambre como varias pesqueiras de lamprea. Tamén navegarán polo Tambre, visitarán Ponche Nafonso e descubrirán a ría desde o mar no balandro Joaquín Vieta. Tras atracar no porto marisqueiro de O Freixo, comerán e visitarán Muros para dirixirse logo cara a Fisterra. Así, pola tarde coñecerán Carnota, O Pindo e a fervenza do Ézaro, ademais de facer un pequeno tramo do Camiño dos Faros.

01 de Xuño de 2018

Turexpo celebrará a súa oitava edición coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais

A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xuño no recinto feiral de Silleda O Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá abrir as súas portas […]
01 de Xuño de 2018

Preto de 200 profesionais déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Oviedo e Valladolid

Turoperadores de Asturias e Castela e León mantiveron encontros profesionais cos máis de 40 empresarios galegos Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo […]
30 de Maio de 2018

Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra celebran esta fin de semana as súas Xornadas de Puertas Abertas

Tralo éxito obtido polas actividades celebradas durante as xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Rías Baixas e Ribeiro, celebradas o último fin de […]
29 de Maio de 2018

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia […]