Actividades

Irlanda, Reino Unido, Brasil e Estados Unidos son os principais países que se interesaron polo destino Galicia, e rexistrouse un maior interese de países latinoamericanos pola oferta turística galega.

 

O ámbito hostaleiro e as administracións públicas han acumulado o maior número de encontros.

 

Incrementouse o interese polo sector MICE e constatouse unha importante demanda de información para adherirse ao programa “Galicia Destino Sostible”.

 

Madrid, 20 de xaneiro de 2023.  Un ano máis o Clúster Turismo de Galicia foi o encargado de xestionar o espazo de negocios do stand habilitado pola Xunta e a Axencia Turismo de Galicia en FITUR, poñendo ao dispor do sector 13 mesas para reunións con outros operadores. Durante os tres días destinados exclusivamente a profesionais, realizáronse neste espazo 400 reunións nas que participaron máis de 1.000 profesionais do sector. Unhas cifras que reflicten o auxe do turismo e as boas perspectivas para 2023.

 

Unha ampla porcentaxe dos encontros de traballo corresponde ao ámbito hostaleiro, tanto con buscadores, grandes operadores turísticos como axencias de receptivo galegas e empresas tecnolóxicas, o que demostra o interese do sector na dixitalización e a mellora da calidade do servizo.

 

Desde o ámbito público foron numerosas as citas de concellos, deputacións e xeodestinos na liña doutros anos. A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Santiago, Ribadeo e Viveiro, así como a Deputación da Coruña tiveron xornadas intensas de traballo nesta 43 edición de FITUR.

 

Este ano incrementouse o interese polo sector MICE que apunta a unha recuperación do turismo de congresos. Ademais, rexistrouse unha especial demanda de información para adherirse ao programa Galicia Destino Sostible, posto en marcha este ano polo Clúster e a Xunta e mantense o interese polas rutas do viño.

 

En canto aos contactos realizados con outros países, destacan os encontros con profesionais procedentes de Irlanda, Reino Unido, Brasil e Estados Unidos. Observouse, tamén, un repunte do interese do público latinoamericano que desexa vir a Galicia.

 

En canto ás axencias de viaxes, este ano rexistrouse un descenso do número de reunións que mostra unha estabilización do sector que xa posúe contactos e clientes fieis a Galicia cada ano. Esta 43 edición de FITUR ofreceuse ademais a todos os profesionais que se achegaban ao mostrador do Clúster Turismo de Galicia un folleto con información das axencias de receptivo principais galegas que tivo unha gran acollida entre todos os profesionais.

 

Nestes encontros profesionais Galicia percíbese como un destino seguro, de calidade e que está avanzado no proceso de dixitalización e a consolidación dunha ampla oferta baseada na sustentabilidade.

20 de Xaneiro de 2023

O espazo de negocios do Clúster en FITUR facilitou 400 reunións nas que participaron máis de 1.000 profesionais do sector

Irlanda, Reino Unido, Brasil e Estados Unidos son os principais países que se interesaron polo destino Galicia, e rexistrouse un maior interese de países latinoamericanos pola […]
20 de Xaneiro de 2023

O Clúster inicia a conmemoración do seu décimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboración das administracións

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estratéxica do sector para a comunidade.   Mostrou […]
18 de Xaneiro de 2023

O Club de Produto Galicia Destino Sostible ofrece máis de 150 experiencias de 70 empresas galegas

O Clúster Turismo de Galicia comezou a súa participación en FITUR coa presentación desta iniciativa que se puxo en marcha o pasado mes de xullo para […]
17 de Xaneiro de 2023

Protagonismo para Galicia Destino Sostible na xornada do proxecto europeo Greentour

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, realizará unha presentación do Club de Produto durante a sesión prevista para o 26 de xaneiro.   Co “Turismo Sostible” […]