Actividades

  • O Clúster e a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ participaron nesta convención o pasado martes, 19 de novembro.

O Clúster Turismo de Galicia mantén a súa aposta pola internacionalización do destino. O martes, 19 de novembro, celebrouse unha nova edición da convención MAST Sales Sensation de Chicago, un evento que organiza de xeito anual a entidade MAST Travel Network e que integran máis de 300 operadores turísticos estadounidenses. Con esta, o Clúster suma xa dúas participacións no workshop de Chicago.

 

O CTG participou cos catálogos Galicia Travel Agencies e Galicia, un luxo para os teus sentidos, ademais de coa marca turística ‘Galicia Destino Sostible’, iniciativa do Clúster que conta co apoio da Xunta de Galicia-Turismo de Galicia. Durante a celebración do evento, mantivéronse ata 85 reunións con operadores turísticos estadounidenses, establecendo novos contactos clave, pois moitos deles eran propietarios das axencias de viaxe que representaban.

 

O evento conformouse coma unha grande oportunidade para dar a coñecer Galicia a aqueles turoperadores que descoñecían o destino Galicia, así como para reforzar as cualidades e oportunidades que ofrece o noso territorio aos que xa lles soaba.

 

26 de Novembro de 2024

O Clúster participa na MAST Sales Sensation de Chicago, achegándose ao mercado estadounidense

O Clúster e a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ participaron nesta convención o pasado martes, 19 de novembro. O Clúster Turismo de Galicia mantén a súa […]
26 de Novembro de 2024

Así foi a xornada divulgativa sobre a competencia do sector turístico de Galicia, organizada polo Clúster coa colaboración da Comisión Galega da Competencia

A xornada, que tivo lugar o pasado 19 de novembro, revelou información relevante para a toma de decisión dos establecementos de aloxamento de Galicia. O Clúster […]
19 de Novembro de 2024

‘Activa o modo off. Activa o modo GDF’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Familiar’

A campaña estenderase ao longo do mes de novembro. Unha lading web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual e un sorteo, son […]
12 de Novembro de 2024

O Clúster e a Comisión Galega da Competencia organizan unha xornada divulgativa centrada na resolución “Booking” e na presentación do Sistema SIMADA

O evento terá lugar o 19 de novembro no Centro GaiásTech. A través desta ligazón podes consultar o programa completo e realizar a túa inscrición. A […]