Actividades

  • No evento participaron Cesáreo Pardal, presidente do Clúster ; e Diego Otero, vogal do Consello Executivo e membro do Comité de Avaliación de Galicia Destino Sostible.

 

O pasado mércores, 26 de abril, a oficina Española de Turismo en Reino Unido celebrou en Londres o primeiro Día da Sustentabilidade en España. Na cita abordáronse os novos desafíos do turismo e as iniciativas sostibles que se implementaron no noso país ata o momento. O evento, ao que acudiron Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo, e Diego Otero, vogal do Consello Executivo e membro do Comité de Avaliación de Galicia Destino Sostible, consistiu nunha conferencia sobre a sustentabilidade e a posterior entrega dos premios xornalísticos de turismo responsable.

 

Durante a conferencia, dirixida a operadores turísticos e medios especializados, debatéronse as estratexias de viaxes sostibles desde diferentes ángulos: profundando no aspecto social da sustentabilidade e na problemática do turismo de masas nos puntos máis críticos, así como técnicas para evitar o ecoblanqueo (greenwashing).

 

Durante a súa participación no panel sobre o impacto turístico nas comunidades locais, Diego Otero falou sobre as formas en que o turismo pode apoiar a outros ámbitos (como o da pesca) de forma directa, impulsando así o beneficio para os diferentes sectores.

 

Na súa intervención, Otero presentou o Club de Produto “Galicia Destino Sostible”,  una iniciativa que nace co obxectivo de integrar e poñer valor a oferta turística da rexión que contribúe a un crecemento sostible do destino. Dito proxecto conta con máis de 70 empresas adheridas e preto de 170 ofertas turísticas publicadas na súa web. A través desta plataforma conecta a turistas e empresas, facilitando o acceso á extensa oferta turística sostible en Galicia.

 

Con esta participación no Spain’s Sunstainability Day promovemos a aposta do Clúster por un turismo sostible, co Club de Produto “Galicia Destino Sostible” como aval de sustentabilidade e calidade.

04 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta a iniciativa Galicia Destino Sostible no Spain’s Sustainability Day

No evento participaron Cesáreo Pardal, presidente do Clúster ; e Diego Otero, vogal do Consello Executivo e membro do Comité de Avaliación de Galicia Destino Sostible. […]
25 de Abril de 2023

Comeza a primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia.

A Primavera de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia é un evento organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións dás Rutas dos […]
25 de Abril de 2023

Galicia Destino Sostible preséntase en Londres en Spain´s Sustainability Day, un foro con medios e operadores especializados

Na xornada, que se celebrará en Londres, presentarase a iniciativa Galicia Destino Sostible A este evento asistirán Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo e Diego […]
01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]