Actividades

  • Clúster Turismo de Galicia, a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilita a participación de oito empresas galegas no evento.
  • A feira portuguesa celébrase do 12 ao 16 de marzo.

 

A feira BTL Lisboa, un dos eventos turísticos máis importantes de Portugal e unha referencia no sector a nivel internacional, abrirá as súas portas do 12 ao 16 de marzo na capital lusa. Un ano máis, Galicia estará presente nesta cita clave, cunha representación do sector turístico.

 

O Clúster Turismo de Galicia (CTG), a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilitou a participación das empresas galegas nesta feira, brindando a oportunidade de establecer novas conexións con operadores do mercado portugués e internacional. Entre as axencias de receptivo galegas que asistirán este ano están Circuitos Galicia, Galiwonders, EasyGalicia, CnTravel, Tee Travel, Pilgrim, Santiago Gate – Viajes Ría del Burgo y Bluscus Turismo Marinero, que contarán con espazo na stand de Turismo de Galicia para levar a cabo reunións con profesionais do sector. O Clúster Turismo de Galicia tamén participará no evento representado polo seu presidente, Cesáreo Pardal.

 

A BTL Lisboa é un escaparate estratéxico para a promoción de Galicia no mercado luso, un dos principais emisores de turistas cara á comunidade. Ademais, trátase dunha oportunidade única para fortalecer a presenza do destino noutros mercados internacionais, xa que o evento reúne a operadores de numerosos países.

 

Con esta participación, Galicia segue reforzando a súa estratexia de internacionalización turística, promovendo a súa diversidade de paisaxes, cultura, enogastronomía e turismo sostible nunha feira que o ano pasado reuniu a máis de 1.500 expositores e 85 destinos internacionais.

11 de Marzo de 2025

O sector turístico galego prepárase para a súa participación na BTL Lisboa 2025

Clúster Turismo de Galicia, a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilita a participación de oito empresas galegas no evento. A feira portuguesa […]
11 de Marzo de 2025

Galicia reforza a súa presenza no mercado alemán tras a súa participación na ITB Berlín 2025

A misión comercial do Clúster estivo conformada por 12 empresas turísticas galegas e pola marca ‘Galicia Destino Sostible’.   O sector turístico galego pechou con éxito […]
03 de Marzo de 2025

Finalizan as dúas xornadas de traballo de Galicia e o Norte de Portugal para debater sobre un destino turístico conxunto

O Clúster Turismo de Galicia organizou para a Eurorrexión, AECT, as mesas de traballo con máis de 90 empresarios galegos e portugueses do sector, que se […]
03 de Marzo de 2025

O Clúster Turismo de Galicia participa na ITB Berlín 2025 cunha destacada misión comercial

A feira internacional celébrase do 4 ao 6 de marzo na capital alemá.   O Clúster Turismo de Galicia ultima os preparativos para a súa participación […]