Actividades

  • A feira internacional do termalismo celebrarase en Paipa do 24 ao 26 de setembro

 

Galicia volverá posicionarse como referente do turismo termal internacional coa súa participación en Termatalia Colombia 2025, que terá lugar na cidade de Paipa (Boyacá) entre o 24 e o 26 de setembro. O Clúster Turismo de Galicia e Expourense representarán ao sector galego neste encontro global que reunirá a profesionais, destinos e empresas internacionais.

 

No marco da feira, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, intervirá no VI Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, onde abordará a importancia da cooperación público-privada como elemento clave para transformar e reforzar a competitividade do turismo galego dentro da sección “Lexislación, normativas termais e calidade”.

 

  • Termatalia contará cunha axenda académica de referencia mundial

 

Ademais da feira expositiva e as roldas de negocio, Termatalia Colombia incluirá unha ampla axenda académica con expertos de máis de doce países, que tratarán temas como a sustentabilidade, o turismo de saúde, a cosmética termal ou a innovación tecnolóxica no sector. Galicia, cunha recoñecida tradición termal e balnearia, aproveitará esta cita para reforzar o seu posicionamento internacional.

 

A representación galega en Paipa terá tamén un compoñente cultural. A Real Banda de Gaitas de Ourense viaxará por primeira vez a Colombia para actuar no marco da feira, dentro do programa de irmandamento entre Galicia e o país latinoamericano. Un fito que servirá para proxectar o patrimonio musical galego e estreitar vínculos entre ambos os territorios.

 

Termatalia 2025 será unha oportunidade única para compartir experiencias, abrir novas oportunidades de negocio e consolidar a cooperación internacional en torno ao termalismo.

 

22 de Setembro de 2025

Colombia albergará a 23ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia) coa presenza do Clúster

A feira internacional do termalismo celebrarase en Paipa do 24 ao 26 de setembro   Galicia volverá posicionarse como referente do turismo termal internacional coa súa […]
16 de Setembro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM London 2025

O prazo de inscrición estará aberto ata o martes, 30 de setembro.   O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na […]
21 de Xullo de 2025

O Clúster Turismo de Galicia organiza unha misión comercial á feira TTG Incontri Rímini 2025

A cita internacional celebrarase en Italia entre o 8 e o 10 de outubro   O Clúster Turismo de Galicia (CTG) lanzou unha convocatoria para participar […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]