Actividades

  • O encontro abordará como a eficiencia enerxética e a xeotermia poden impulsar a sustentabilidade do turismo galego

 

A Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) organiza o próximo 16 de outubro a xornada “Eficiencia e Xeotermia no Sector Turístico”, un evento que contará coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e reunirá a profesionais do ámbito turístico, enerxético e institucional no Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Santiago de Compostela).

 

O encontro, que comezará ás 11:30 h, busca promover o uso de enerxías renovables e tecnoloxías eficientes no sector turístico, destacando o papel da xeotermia como motor de innovación e sustentabilidade na modernización dos aloxamentos e servizos turísticos.

 

  • Un espazo para o intercambio de coñecemento e experiencias

 

A apertura institucional correrá a cargo de José Manuel Lamela Rivera, vogal da Delegación do ICOIIG en Santiago; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia; e Manuel López Portela, presidente de Acluxega.

 

O programa inclúe dous paneis centrados na eficiencia enerxética, as axudas dispoñibles e os casos de éxito en establecementos turísticos galegos, como o Hotel IMI (Ourense), os Apartamentos Pincheiro (A Pobra do Caramiñal) e a Casa Rural Gandarela e o Albergue Ferramenteiro (Portomarín).

 

A xornada está dirixida a profesionais do sector turístico, responsables de aloxamentos, técnicos enerxéticos e entidades interesadas en avanzar cara a un modelo máis sostible e competitivo. As inscricións están abertas a través do formulario habilitado na seguinte ligazón.

 

07 de Outubro de 2025

Acluxega organiza a xornada “Eficiencia e Xeotermia no Sector Turístico” coa colaboración do Clúster

O encontro abordará como a eficiencia enerxética e a xeotermia poden impulsar a sustentabilidade do turismo galego   A Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) organiza […]
29 de Setembro de 2025

Últimos días para inscribirse no obradoiro profesional Fairway Santiago 2025, con condicións especiais para os membros do Clúster

Inscrición aberta ata o 10 de outubro   O Clúster Turismo de Galicia lembra aos seus asociados que continúa aberto o prazo de inscrición para participar […]
22 de Setembro de 2025

Colombia albergará a 23ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia) coa presenza do Clúster

A feira internacional do termalismo celebrarase en Paipa do 24 ao 26 de setembro   Galicia volverá posicionarse como referente do turismo termal internacional coa súa […]
16 de Setembro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM London 2025

O prazo de inscrición estará aberto ata o martes, 30 de setembro.   O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na […]