Actividades

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 6 ao 8 de novembro de 2017. Para ese efecto xa está aberto o prazo para solicitar a inscrición na misión comercial que o Clúster Turismo de Galicia desprazará a Londres. A misión comercial desenvolverase entre o domingo 5 de novembro e o mércores, 8 de novembro, con saída e chegada ao aeroporto da Coruña. Ademais do aloxamento e os traslados entre o hotel e a feira, a misión inclúe un servizo de xestión de axenda de reunións con operadores de turismo do Reino Unido e dúas ceas networking.
O prazo máximo para a solicitude de participación na feira é o 8 de setembro, e para iso os interesados deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva.
O número máximo de participantes é de 30 persoas e as correspondentes inscripicones confirmaranse ao finalizar o prazo de inscrición.

14 de Agosto de 2017

Aberto prazo para inscribirse na próxima misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 6 ao 8 […]
08 de Agosto de 2017

Sorteos de estancias de turismo rural e viaxes ás Illas Atlánticas para fomentar a oferta complementaria na segunda edición de Turismo Rural, Agora Tamén

A campaña, que convida os visitantes a seguir descubrindo a oferta turística galega, desenvolverase os meses de agosto, setembro e outubro Co obxectivo de mellorar a […]
07 de Agosto de 2017

Posta en marcha dos traballos para que Foz de Iguaçú acolla Termatalia Brasil 2018

O director da feira, Alejandro Rubín Carballo, e o director xeral de Fundo Iguaçú, Carlos Silva, asinaron en Foz de Iguaçú o documento que converterá a […]
04 de Agosto de 2017

Gastronomía, historia, teatro e catas de viño… algunhas das propostas para agosto das 5 Rutas do Viño de Galicia

A través de Enoturismo en Galicia, márca paraugas promovida polo Clúster Turismo de Galicia que axunta o cinco rutas do viño de Galicia, achegámonos ás propostas […]