Convenio de colaboración entre as asociacións provinciais e Medio Ambiente para a redución dos desperdicios en hostalaría

Convenio de colaboración entre as asociacións provinciais e Medio Ambiente para a redución dos desperdicios en hostalaría

Baixo a lema Love food not waste-Non ao desperdicio alimentario, a Consellería de Medio Ambiente en colaboración coas asociacións provinciais de hostalaría e restauración de Galicia impulsan a posta en marcha dunha inciativa que busca reducir o desperdicio alimentario no sector hoteleiro galego. Para iso Medio Ambiente asinou un convenio de colaboración co catro asociacións provinciais – APEHL, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña, Feprohos e Federación de Hostelería de Ourense–  para impulsar actuacións que fomenten a cultura da redución do desperdicio alimentario, polo que se ofrecerá aos clientes a posibilidade de levar a comida non consumida nos locais para o seu aproveitamento posterior nos fogares. Deste xeito, proporcionarase o apoio necesario para a adquisición de fiambreras e bolsas ecolóxicas, que deberán ser biodegradables e reutilizables.
Xornadas de sensibilización
Outros dos obxectivos desta colaboración, á que se destinan en conxunto case 300.000 euros, é seguir mellorando a xestión dos residuos e mellorar as pautas para reciclar máis e mellor. Así, as asociacións asinantes, nas que se agrupan un total de 3.800 locais, organizarán máis de 100 xornadas de sensibilización ambiental centradas no aforro enerxético, no aforro de consumo de auga, a correcta xestión dos residuos e reciclaxe e, por suposto, a redución do desperdicio alimentario, e que comezarán no catro provincias o vindeiro luns. Ademais, nas devanditas xornadas distribuiranse pack de lámpadas leds especialmente deseñadas para locais de hostalaría, co fin de reducir o consumo enerxético e ser máis eficientes medioambientalmente; ademais de tuppers e bolsas reciclables da campaña, para poder ofrecerllos aos seus clientes.
Esta colaboración enmárcase dentro das accións de sensibilización e mellora da eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático na que xa se realizaron xornadas de aforro de auga. Ademais, tamén se seguirá traballando en seguir mellorando a xestión dos residuos e as pautas para reciclar máis e mellor. Todo iso co obxectivo de alcanzar o reto marcado para o ano 2030 pola Unión Europea de reducir nun 50% o desperdicio mundial de alimentos per cápita dos consumidores