Actividades

  • As inscricións, gratuítas ata completar capacidade, permanecen abertas a través da ligazón: https://lc.cx/rJ8ynO.
  • O foro de debate terá lugar este xoves, 23 de novembro, a partir das 09:30h no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.

 

O Clúster, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Axencia Turismo de Galicia, celebrará esta semana un foro de debate centrado nas últimas tendencias tecnolóxicas que marcarán o futuro do sector turístico, nunha xornada baixo o título “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”.

 

A cita terá lugar este xoves, 23 de novembro, de 09:30 a 14:00 horas no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos s/n, 36071, Pontevedra). As inscricións para participar permanecen abertas de xeito gratuíto, ata completar capacidade, a través da páxina web do Clúster.

 

Nun mundo que avanza a un ritmo vertixinoso en materia tecnolóxica, a robótica e as innovacións dixitais convértense en factores fundamentais na reconfiguración dos sectores económicos e sociais, entre eles, o turístico. Para esta xornada contaremos con expertos de gran renome coma Javier Sirvent, Technology Evangelist; Elena Ibáñez, Singularity Experts; Virginia Seguí Monleon, HR Tech Manager; Thais Glod, InnoBound; Lázaro Royo, Zeus; Javier Martín, Renaiss.AI; ou Juan Antonio Gómez Bule, AREXDATA.

 

A xornada comezará ás 09:30 horas coa benvida institucional, que contará coa participación do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo. Tras isto, darase paso a unha sesión que contará con tres grandes seccións: Unha charla centrada no enfoque práctico onde se explicarán os últimos avances en IA e como se empregan os robots na industria turística, titulada “O despertar da IA Xenerativa”; unha mesa redonda onde se debaterán as tendencias no sector e como a formación, o re-skilling e a IA van condicionar as novas profesións na industria turística, titulada “Capacitación e emprego no sector turístico”; e outra mesa redonda sobre a converxencia da tecnoloxía avanzada e sector turístico, titulada “Datos, IA e ciberseguridade aplicada ao turismo”.

 

Se queres consultar o programa completo, podes facelo a través desta ligazón.

21 de Novembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra celebran esta semana a xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”

As inscricións, gratuítas ata completar capacidade, permanecen abertas a través da ligazón: https://lc.cx/rJ8ynO. O foro de debate terá lugar este xoves, 23 de novembro, a partir […]
21 de Novembro de 2023

A IBTM World, unha das feiras máis importantes especializadas en turismo MICE, celébrase do 28 ao 30 de novembro en Barcelona

O sector turístico galego estará representado a través do espazo de Turespaña, que albergará as propostas de Turismo de Galicia e Galicia MICE.   Barcelona converterase […]
15 de Novembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra organizan a xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”

O foro de debate terá lugar o xoves, 23 de novembro, de 09:30 a 14:00h no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra […]
15 de Novembro de 2023

Proveitosa misión comercial do Clúster á WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron máis dun cento de encontros co fin de promocionar os seus produtos e o destino Galicia. A feira internacional […]