Actividades

  • A nova edición da feira turística da capital británica celébrase do 5 ao 7 de novembro.

O sector turístico galego estará presente un ano máis na World Travel Market London, a feira turística internacional que desde 1980 reúne de forma anual aos actores máis importantes do sector turístico dos cinco continentes. Este ano celebrarase do 5 ao 7 de novembro no centro de exposicións ExCeL.

 

O Clúster Turismo de Galicia participa cunha delegación de 16 persoas integrada polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo; o tesoureiro, Alfonso Martínez; o vogal, Francisco González; pola marca turística ‘Galicia Destino Sostible’, e polos representantes das empresas turísticas Iberik Hoteles, Tee Travel, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort 5*, Hotel Carlos I Silgar, Viajes Camino de Santiago, Oca Hoteles, Grupo Carrís, Expourense e Artnatura Galicia.

 

Durante a feira, Turismo de Galicia dispoñerá dunha caseta expositiva propia. Nesta, o Cluster poñerá ao dispor dos representantes das empresas un espazo co obxectivo de que poidan dar a coñecer as súas propostas á marxe dos propios contactos ou reunións que cada un deles xestione durante o evento.

 

A WTM de Londres é un dos eventos de referencia para establecer novas conexións. Na pasada edición, a feira internacional recibiu a máis de 40.000 profesionais de 184 países diferentes.

 

05 de Novembro de 2024

A misión comercial do Clúster aterra na WTM de Londres esta semana

A nova edición da feira turística da capital británica celébrase do 5 ao 7 de novembro. O sector turístico galego estará presente un ano máis na […]
22 de Outubro de 2024

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior (INTUR)

O Clúster cubrirá os gastos de 10 inscricións para que as empresas galegas participen no workshop como vendedor. Valladolid acollerá do 14 ao 17 de novembro […]
17 de Setembro de 2024

O Clúster prepara a súa misión comercial para a feira internacional TTG Incontri Rímini (2024)

Os días 9, 10 e 11 de outubro celebrarase a vindeira edición da feira internacional TTG Incontri Rímini. Hai 7 prazas dispoñibles e os interesados ​​poden […]
02 de Setembro de 2024

7ª edición do Congreso Nacional de Ecoturismo

Este martes 3 de setembro ábrese o prazo para inscribirse no VII Congreso Nacional de Ecoturismo. Entre o 22 e o 24 de outubro celebrarase a […]