Actividades

O destino turístico Galicia estivo presente en dous das últimas feiras sectoriais especializadas que se celebran en España: IBTM World de Barcelona, especializada no turismo MICE e INTUR Valladolid, orientada ao turismo rural, deportivo e de interior. En ambas estivo presente a oferta turística galega a través de empresas, entidades e Xunta de Galicia.

Deste xeito, no ámbito do turismo de negocios, a Consellería de Cultura e Turismo participou na IBTM cunha axenda de contactos con turoperadores do sector e compartindo espazo con expositores dentro da caseta de Turespaña. Estes coexpositores foron Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo da Coruña, Abramar DMC, Galicia Meetings & Incentives e o Clúster Turismo de Galicia., que se celebra en Barcelona. Nesta ocasión, acudiu cunha axenda de 35 reunión con operadores, axentes e corporates de todo o mundo.

Ademais, a oferta turística galega e o Camiño de Santiago estiveron tamén na XXIII edición da feira INTUR de Valladolid, un certame profesional centrado na oferta do interior que tamén está aberto ao público e constitúe unha das feiras turísticas de maior repercusión en España. Nesta feira Turismo de Galicia dispuxo un recinto de deseño de 100 metros cadrados desde o que se difunde a oferta galega, o Xacobeo 2021, o Camiño de Santiago e as experiencias relacionadas coa natureza no que tamén se mantiveron encontros profesionais cos axentes do sector que estiveron presentes na feira, ademais dos encontros que se mantiveron na bolsa de contratación de Intur Negocios, onde empresas asociadas ao Clúster Turismo de Galicia mantiveron reunións de interese para profundar na comercialización desta oferta. Na súa edición anterior participaron 310 expositores directos e, segundo datos da organización, a feira foi visitada por 63.140 persoas, das que 17.440 eran profesionais.

25 de Novembro de 2019

Participación da administración e do sector turístico galego nas feiras IBTM World de Barcelona e INTUR en Valladolid

O destino turístico Galicia estivo presente en dous das últimas feiras sectoriais especializadas que se celebran en España: IBTM World de Barcelona, especializada no turismo MICE […]
22 de Novembro de 2019

Luz Casal, o embaixador da República de Corea en España e os irmáns Vilas, elixidos os recoñecementos honoríficos dos Premios Galicia de Turismo 2019

Recibirán os correspondentes galardóns como Embaixadora Nacional, Embaixador Internacional e Pioneiros O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia decidiron outorgar […]
20 de Novembro de 2019

Valladolid acolle unha nova edición da Feira Internacional do Turismo de Interior, Intur, con Portugal como país invitado

Do 21 ao 24 de novembro participarán 300 expositores nacionais e internacionais e desenvolverase unha bolsa de contratación, Intur Negocios, na que volverá estar presente a […]
18 de Novembro de 2019

Sportur Galicia pecha a súa terceira edición con máis de 10 mil visitantes e máis de 60 actividades

A feira especializada en turismo deportivo puxo en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable á […]