O Clúster reinvidica a idoneidade de medidas como o Bono Solidario para impulsar o consumo interno

O Clúster reinvidica a idoneidade de medidas como o Bono Solidario para impulsar o consumo interno

A iniciativa de pór en marcha bonos para incentivar o consumo interno xa foi recollida no Plan de Reactivación a proposta do sector turístico galego

O Bono Solidario comezaría a funcionar a medidos do próximo mes, unha vez adxudicáronse aos beneficiarios e recompilado os paquetes e ofertas turísticas que se adhiran á iniciativa

Representantes do sector turístico galego encabezados polo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, mantiveron esta mañá un encontro coa Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de trasladar á administración pública a idoneidade de pór en marcha medidas que permitan a reactivación do sector turístico de forma inmediata, como poden ser os bonos directos. Así, Cesáreo Pardal, valoraba de forma positiva a posta en marcha de accións como o Bono Solidario, xa que permiten incentivar a demanda no sector de forma inmediata.

“Desde o sector parécenos unha medida esencial despois de que nos permite favorecer o consumo interno. A nosa intención é ser capaces de recuperar canto antes a normalidade e que as nosas empresas e traballadores poidan volver traballar”, explicou o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, tras o encontro cos representantes da Consellería no que tamén participaron representantes de hoteis, axencias de viaxes e turoperadores. Neste sentido, Pardal lembrou que a medida fora demanda polo conxunto do sector como unha ferramenta de reactivación e como tal incluíuse no Plan de Reactivación presentado pola Xunta e desenvolvido en cooperación co sector turístico galego.

Cabe destacar tamén que o Bono Solidario que agora se pon en marcha segue o ronsel de iniciativas similares expostas noutras Comunidades Autónomas e outros países co obxectivo de incentivar o consumo propio e animar o turismo nacional, tal e como fixeron xa territorios como a Comunidade Valenciana, Málaga ou países como Malta ou Italia.

Adhesión por parte das empresas
As empresas turísticas galegas que desexen adherirse á iniciativa do Bono Solidario deberán solicitar a súa adhesión ao programa a través dun formulario que habilitará a Xunta. Ademais, poderán recibir asesoramento por parte da Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia sobre as dúbidas que presenten relacionadas coa operativa. Do mesmo xeito, os beneficiarios contarán cun teléfono de soporte no que se proporcionará información sobre a iniciativa e axuda en caso de perda ou roubo.

O bono, dotado con 5 millóns de euros, beneficiaría a 20.000 persoas a través de descontos por valor de 250 euros en produtos turísticos como paquetes vacacionais ou estancias en hotele que se cargarían no cartón do beneficiario.

Pardal lembrou que esta medida se completa cos descontos que o propio sector fai sobre os produtos contratados, dun 15% como mínimo, que se engaden así á cantidade achegada pola Xunta de Galicia. O obxectivo final é conseguir mobilizar a unha parte da sociedade galega a que goce dunhas vacacións este verán, inxectando liquidez de forma inmediata nun sector moi afectado pola crise da COVID19 que vive con inquietude do avance dunha tempada alta marcada pola incerteza e a lenta saída cara á nova normalidade.

ACTUALIDADE
22-7-2021

A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia

16-7-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "DESENVOLVEMENTO E CONSOLIDACIÓN DA MARCA GALICIA EMOTION PARA A PROMOCIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

15-6-2021

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Clúster de Turismo de Galicia

15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia