Actividades

Participou nunha quincena de eventos entre feiras, worshops e presentacións, que sumaron unhas 1.000 xuntanzas de traballo.

 

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023. O Clúster Turismo de Galicia iniciou o pasado ano apostando por retomar a internacionalización participando nunha quincena de eventos entre feiras, workshops e presentación en dez países distintos de Europa, América do Norte e América do Sur. Máis de cen empresas do sector participaron nestes encontros, impulsados polo Clúster ou en colaboración coas Administracións Públicas.

 

Visibilizar e posicionar a Galicia como un destino de calidade, sustentable e intelixente e abrir novas oportunidades de negocio son os obxectivos principais destas actuacións que en 2022 promoveron unhas 1.500 xuntanzas de traballo entre as empresas galegas e as doutros países

 

Dos 15 eventos 4 foron feiras internacionais de referencia para o sector como a ITB de Berlín, a WTM de Londres, a TTG Incontri Rimini e a IMEX de Frankfurt.

 

Ademais, ao longo do ano o Clúster participou en diferentes worshops e presentacións, tanto do Destino Galicia como do Xacobeo 21-22 en París, Zurich, Frankfurt e Hamburgo, Londres, Oporto, Sao Paulo e Bos Aires, Miami, Tel Aviv ou o “Roadshow Spagna 2022”, que percorreu Roma, Catania, Bolonia e Milán, con 4 talleres de traballo e dúas presentacións a compradores italianos. Estas actuacións complementáronse con outros encontros en diferentes cidades de España

 

O Clúster Turismo de Galicia como aglutinador do sector aposta  por visibilizar os seus produtos únicos da nosa terra dentro e fóra de España. Desde o Camiño de Santiago, sinal de identidade fóra das nosas fronteiras, pero tamén a ampla oferta de experiencias da nosa comunidade como o termalismo o turismo cultural, de negocios, marítimo ou o enogastronómico, entre outros, que gañan adeptos día a día. Unha oferta turística baseada na sustentabilidade, reforzada por iniciativas como Galicia Destino Sostible, que se puxo en marcha en xullo do ano pasado e que xa que aglutina ata 150 produtos a través da súa web galiciadestinosostible.com.

05 de Xaneiro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia facilitou o contacto dun cento de empresas cunha decena de mercados internacionais no 2022

Participou nunha quincena de eventos entre feiras, worshops e presentacións, que sumaron unhas 1.000 xuntanzas de traballo.   Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023. […]
01 de Xaneiro de 2023

Galicia Destino Sostible pechou o 2022 con máis dun centenar e medio de produtos lanzados

O Club de Produto posto en marcha polo Clúster coa colaboración da Xunta suma xa 70 empresas adheridas.   Só medio ano de vida bastou para […]
21 de Decembro de 2022

Exitoso intercambio de experiencias na xornada sobre “Boas prácticas en xestión turística”

Decenas de profesionais participaron en Vilagarcía neste foro, que foi inaugurado polo concelleiro Álvaro Carou, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e a presidenta da Deputación […]
20 de Decembro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia dá continuidade á directiva actual baixo a presidencia de Cesáreo Pardal

A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.   Vilagarcía de Arousa, […]