Actividades

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estratéxica do sector para a comunidade.

 

Mostrou a disposición da entidade para colaborar coa Administración autonómica na estratexia para os próximos anos para consolidar a Galicia como un destino máis internacional, máis sostible, con maior calidade e máis innovador.

 

O presidente da Xunta valorou especialmente o traballo do Clúster e agradeceu a profesionalidade, colaboración e o diálogo que sempre mantivo coa Administración.

 

Madrid, 20 de xaneiro de 2023.- O stand de Galicia en FITUR acolleu hoxe a presentación do décimo aniversario do Clúster Turismo de Galicia. No evento, que contou coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, interviñeron tamén o primeiro presidente da entidade, Francisco González; o actual presidente, Cesáreo Pardal, e o vicepresidente, Jesús Picallo. Estes tres últimos coincidiron en agradecer ao sector polo apoio e a confianza depositada no Clúster; a colaboración das Administracións na creación e consolidación da entidade e o esforzo e compromiso de todas e cada unha das persoas que un momento ou outro integraron o equipo de traballo do Clúster.

 

Cesáreo Pardal destacou que “o traballo destes 10 anos permitiu que a sociedade sexa consciente da importancia económica do sector turístico; un sector que favorece a transformación da nosa sociedade, aliado das contornas nos que se desenvolve, contribuíndo ao impulso da súa economía e á posta en valor do noso patrimonio e a nosa cultura.”

 

O presidente do Clúster lembrou como a pandemia “trastocou todos os plans” e “obrigou a buscar solucións ao inédito”. Lamentou o duro golpe que a crise sanitaria supuxo para o sector, “levándose por diante empresas e empregos” pero tamén quixo poñer en valor a resiliencia do sector grazas á xestión individual dos empresarios e a sensibilidade das Administracións para paliar as consecuencias da crise.”

 

Tras pechar un 2022 cunhas cifras que superaron todas as expectativas, o recentemente reelixido presidente sinalou que “agora toca mirar cara ao futuro e ver cara a onde queremos que vaia o noso turismo.” Neste sentido mostrou a disposición do Clúster para colaborar coa Administración autonómica “para deseñar a estratexia para os próximos anos, que seguro que buscará consolidar a Galicia como un destino máis internacional, máis sostible, con maior calidade e máis innovador.”

 

O primeiro presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, incidiu no agradecemento a todos os que fixeron posible a creación e consolidación da entidade e destacou que o traballo destes dez anos permitiu consolidar o Clúster como a voz do sector e avanzar a internacionalización, a colaboración público privada e o apoio ao incremento da competitividade. Hoxe integran o Clúster 72 entidades entre federacións, consorcios e asociacións provinciais que representan ao 95% do sector turístico galego e agrupan a máis de 7.000 empresas.

 

Jesús Picallo, vicepresidente do Clúster, lembrou que un dos principais obxectivos do Clústerl é “traballar para mellorar a rendibilidade das empresas” e “configurar un destino de calidade, competitivo e diferenciado”. Picallo puxo en valor que o traballo desta década, coa interlocución do Clúster e a implicación de empresas e administración, configurou un sector turístico máis cohesionado, competitivo e comprometido.

 

Pola súa banda o presidente da Xunta, Alfonso Rueda valorou especialmente o traballo do Clúster Turismo de Galicia, que celebra o seu décimo aniversario e agradeceu a profesionalidade, colaboración e o diálogo que sempre mantivo coa Administración para, entre todos, superar obstáculos e conseguir os éxitos dos que hoxe pode presumir Galicia.

 

Rueda ratificou o apoio da Xunta ao turismo galego, como mostrou na pandemia cun plan de rescate cifrado en 120 millóns de euros ou, no 2022, cunha partida que supera os 27 millóns en axudas para mellorar a calidade, a profesionalidade e a innovación no sector, ademais dos 8 millóns que este ano se destinan a unha liña de axudas para mellorar a eficiencia enerxética dos establecementos turísticos.

20 de Xaneiro de 2023

O Clúster inicia a conmemoración do seu décimo aniversario en FITUR agradecendo o apoio do sector e a colaboración das administracións

O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, destacou que o traballo destes dez anos puxo de manifesto a importancia estratéxica do sector para a comunidade.   Mostrou […]
18 de Xaneiro de 2023

O Club de Produto Galicia Destino Sostible ofrece máis de 150 experiencias de 70 empresas galegas

O Clúster Turismo de Galicia comezou a súa participación en FITUR coa presentación desta iniciativa que se puxo en marcha o pasado mes de xullo para […]
17 de Xaneiro de 2023

Protagonismo para Galicia Destino Sostible na xornada do proxecto europeo Greentour

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, realizará unha presentación do Club de Produto durante a sesión prevista para o 26 de xaneiro.   Co “Turismo Sostible” […]
14 de Xaneiro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia celebrará en FITUR os seus 10 anos de vida reafirmando a súa aposta pola sustentabilidade

O aniversario da entidade e o Club de Produto Galicia Destino Sostible serán os eixos das dúas presentacións que realizará na feira internacional turística que se […]