O sector turístico encara un 2025 cheo de eventos para reforzar o seu posicionamento estratéxico coma destino. Destacan a participación de Turismo de Galicia en feiras internacionais e as xornadas de comercialización organizadas por Turespaña, dúas iniciativas fundamentais para impulsar o turismo nacional e internacional.
Feiras internacionais de Turismo de Galicia
Turismo de Galicia estará presente nunha variada axenda de feiras clave durante 2025, fortalecendo a súa proxección en mercados nacionais e internacionais. Entre os eventos destacados están:
Con esta presenza, Galicia busca destacar a súa riqueza cultural, paisaxística e enogastronómica, consolidándose como un destino diverso, sostible e atractivo para múltiples perfís de viaxeiros. O calendario completo pode consultarse a través da seguinte ligazón.
Xornadas de comercialización de Turespaña
Doutra banda, Turespaña presentou un calendario de xornadas de comercialización para 2025 que abarcan mercados estratéxicos de Europa, América e Asia. Estas iniciativas teñen como obxectivo conectar a empresas turísticas españolas con operadores e axentes internacionais, fortalecendo as oportunidades de negocio. O calendario de xornadas é o seguinte:
24-27 de abril de 2025, Dubái, Emiratos Árabes Unidos.
9-12 de xuño de 2025, Sevilla, España.
Setembro ou outubro de 2025 (data exacta por confirmar), A Haia, Países Baixos.
Segundo semestre de 2025 (data exacta por confirmar), Madrid, España.
Novembro de 2025 (data exacta por confirmar), Roma e Milán, Italia.
Novembro ou decembro de 2025 (data exacta por confirmar), Perth, Sydney e Melbourne, Australia.
Decembro de 2025 (data exacta por confirmar), lugar por determinar, Colombia.
Decembro de 2025 (data exacta por confirmar), Istambul, Turquía.
Estas xornadas combinan reunións preprogramadas, workshops e presentacións de destinos, creando un espazo dinámico para fomentar a colaboración e a innovación no sector.