Actividades

En datas próximas lanzaranse os primeiros produtos turísticos deseñados para formar parte do club.

 

As empresas que se adhiran antes de finalizar setembro poderán optar a o programa de patrocinios que repartirá 300.000 euros en axudas.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible segue crecendo e acaba de incorporar catro empresas máis, o que eleva a máis dunha trintena o número de membros desta iniciativa impulsada polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Xunta. Na reunión do comité de avaliación celebrada o pasado venres 16 de setembro acordouse aceptar as solicitudes de adhesión presentadas polos responsables de Viajes Embajador, Compostela Campers, Cámping Isla de Ons e Navieira Nabia (Navieira Illa de Ons S.L.).

 

As catro súmanse así a un cada vez máis amplo grupo de empresas no que están representadas os sectores das axencias de viaxes, a restauración, o aloxamento e a oferta turística complementaria. E ao realizar a súa incorporación antes de finalizar este mes de setembro todas elas poden optar ao programa de patrocinios co que a Xunta repartirá algo máis de 300.000 euros para o deseño e o lanzamento de novos produtos turísticos. De feito, as primeiras propostas elaboradas no marco deste programa verán a luz en datas próximas e estarán dispoñibles na páxina web de Galicia Destino Sostible.

 

O programa de patrocinios prevé a repartición de axudas a 15 axencias de viaxes maioristas, 28 axencias de viaxes  minoristas e 50 aloxamentos, restaurantes e empresas de oferta turística complementaria por un importe, respectivamente, de 3.000, 2.000 e 1.300 euros por produto. As axudas serán outorgadas por orde de solicitude unha vez que o comité de avaliación certifique que cumpren os requisitos esixidos.

19 de Setembro de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible suma catro novas incorporacións e supera xa a trintena de membros

En datas próximas lanzaranse os primeiros produtos turísticos deseñados para formar parte do club.   As empresas que se adhiran antes de finalizar setembro poderán optar […]
12 de Setembro de 2022

Un centenar de empresas poderán beneficiarse das axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible

Repartiranse máis de 300.000 euros para a creación de novos produtos turísticos.   As empresas que queiran optar ao programa de patrocinios deben adherirse ao club […]
04 de Setembro de 2022

O Clúster abre o prazo para sumarse á súa próxima misión comercial a Italia

Participará na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro.   Hai 6 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse […]
29 de Agosto de 2022

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo que se celebrará na capital británica do 7 ao 9 de novembro. […]