Actividades

A Asociación Hostalería Compostela promove esta cita organizada co patrocinio da Xunta e o Concello de Santiago, e a colaboración de numerosas empresas e do Clúster Turismo de Galicia.

 

Por segundo ano consecutivo, Santiago de Compostela converterase por uns días nun punto de encontro imprescindible para os interesados no mundo do viño e todo o relacionado con el, incluído o enoturismo. A Asociación Hostalería Compostela programou para os días 27 e 28 de marzo a segunda edición do Encontro de Viño Gallego Revera Vinum, que se celebrará de novo nas instalacións do hotel monumento San Francisco e que reunirá alí máis de 500 referencias de 200 adegas diferentes en representación das diversas Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas desta terra.

 

Escenoset encárgase da organización deste encontro patrocinado pola Xunta e o Concello de Santiago e no que colaboran tamén numerosas empresas e o Clúster Turismo de Galicia, tal como destacou o presidente de Hostalería Compostela, Thor Rodríguez, na rolda de prensa de presentación do programa que ofreceu en días pasados xunto ao concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e Festas, Sindo Guinarte, e á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

 

O programa inclúe unha área expositiva, un Túnel do Viño (aberto de 11 a 20.30 horas), catas, talleres, degustacións, mesas de debate e relatorios con catadores, enólogos e xornalistas especializados. Ademais, a modo de antesala deste Revera Vinum, desde o día 17 de marzo, unha vintena de establecementos hostaleiros composteláns participarán no Galicia en Copas permitindo aos seus clientes optar ao sorteo de diversos premios e experiencias. Esta actividade, do mesmo xeito que as Catas e Ceas Maridaxe que ofrecerán algúns deses mesmos locais, desenvolverase ata o 31 de marzo.

04 de Febreiro de 2023

Compostela acollerá os días 27 e 28 de marzo o II Encontro de Viño Gallego Revera Vinum

A Asociación Hostalería Compostela promove esta cita organizada co patrocinio da Xunta e o Concello de Santiago, e a colaboración de numerosas empresas e do Clúster Turismo […]
26 de Xaneiro de 2023

O Clúster prepara xa a súa misión comercial á ITB Berlín

A próxima edición da feira turística internacional da capital alemá celebrarase os días 7, 8 e 9 do próximo mes de marzo.   O prazo para […]
25 de Xaneiro de 2023

Choiva de premios para o turismo galego en FITUR

O Concello de Sanxenxo recibiu un dos galardóns Q de Calidade Turística 2023 durante a gala presidida pola Ministra de Turismo.   Tres iniciativas compostelás foron […]
20 de Xaneiro de 2023

O espazo de negocios do Clúster en FITUR facilitou 400 reunións nas que participaron máis de 1.000 profesionais do sector

Irlanda, Reino Unido, Brasil e Estados Unidos son os principais países que se interesaron polo destino Galicia, e rexistrouse un maior interese de países latinoamericanos pola […]