Actividades

Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo Clúster Turismo de Galicia.

 

Pasado xa o tempo suficiente poder botar a vista atrás, os organizadores de FITUR están a facer balance da pasada edición da feira internacional turística celebrada en Madrid a finais do pasado mes de xaneiro. Unha das súas principais conclusións é o importante papel desempeñado alí pola representación galega desde o stand promovido pola Axencia Turismo de Galicia e no que o Clúster Turismo de Galicia tivo un gran protagonismo. Así, os responsables de FITUR sinalan que o espazo de Galicia foi “un referente para o sector turístico” e que este ano bateu récords de asistencia.

 

Ademais, destacan a gran actividade despregada polos profesionais do sector desde o espazo reservado para os negocios do stand  e xestionado polo Clúster, ao acoller 400 reunións nas que tomaron parte máis dun milleiro de persoas. “Unhas cifras que reflicten o auxe do turismo e as boas perspectivas para 2023”, apuntan.

 

A imaxe de Galicia como destino turístico sostible e de calidade que transmitía o espazo galego, premiado precisamente na categoría “stand sostible”, é outro dos aspectos que destaca desde FITUR. Tamén poñen de manifesto tamén o gran interese que espertou na feira tanto a oferta de turismo MICE de Galicia como o Club de Produto Galicia Destino Sostibleposto en marcha polo Clúster coa colaboración da Xunta.

 

18 de Marzo de 2023

FITUR cualifica de “referencia para o sector turístico” o stand de Galicia na pasada edición da feira

Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo […]
12 de Marzo de 2023

O Clúster e Galicia Destino Sostible viaxan a Londres con Turespaña para promocionar o turismo sostible

Cesáreo Pardal será un dos relatores do primeiro foro Spain’s Sustainability Day, que se celebrará na capital británica o 26 de abril.   A xornada concluirá […]
11 de Marzo de 2023

Premio para tres empresas de Galicia Destino Sostible

Os cámpings Paisaxe II e Illa de Ons, e o hotel Bosque Mar, primeiros galardoados cos premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra.   O presidente do […]
10 de Marzo de 2023

Proveitosa participación do turismo galego na ITB Berlín

Os integrantes da misión comercial organiza polo Clúster mantiveron decenas de reunións durante a feira turística internacional da capital alemá.   O secretario xeral da Organización […]