Viaxes InterRías pecha o ano 2016 cun crecemento do 10%

Viaxes InterRías pecha o ano 2016 cun crecemento do 10%

O turoperador Viaxes InterRías pechou o ano 2016 cun crecemento do 10% nun ano que o director comercial da compañía, Fabián Buenzas, cualifica de “ascendente e imparable” cun “importante incremento de negocio”. O turoperador galego dirixido por Gustavo Fernández mantense así como un dos principais turoperadores españois en circuítos nacionais e grupos, unha posición de liderado que manteñen grazas ao equipo especialista e multidisciplinar co que conta, así como grazas ao “esforzo, a dedicación, a proximidade e a humildade” coa que traballa esta marca, segundo indican.
Buenzas aproveitou esta boa noticia para agradecer a todos os seus provedores e clientes polo seu apoio ?incondicional? ao proxecto, xa que en gran medida leste “éxito é de todos: empresa, traballadores, clientes e provedores”.

Aposta pola innovación
Viaxes InterRías aposta claramente pola innovación á hora de ofrecer produtos turísticos de primeiro nivel para calquera tipo de cliente, tal e como queda de manifesto na nova web do operador galego, presentada no marco da pasada edición de Fitur. Nela Viaxes Interrrías segue apostando pola implementación de novas fórmulas de comunicación do negocio e pola internacionalización a través dunha web dispoñible en sete idiomas para lograr maior accesibilidade no mercado internacional.