Actividades

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega en destinos de proximidade, o Clúster Turismo de Galicia está a organizar unha primeira xornada de presentación do sector a turoperadores que terá lugar en Salamanca o próximo 7 de xuño. O evento desenvolverase en formato workshop aberto a un total de 45 empresas que agendarán encontros profesionais con axentes de viaxes da zona de influencia de Salamaca e Zamora.

O workshop, que dará comezo ás 20:30 horas, contará cunha cea espectáculo, animación musical e sorteo de estancias entre os axentes casteláns presentes. Todos os participantes serán obsequiados cunha torta de Santiago e coa súa cunca da Queimada. O Clúster de Turismo de Galicia pon a disposición de todos os asistentes un autobús para o desprazamento, con saída e chegada no Estadio de San Lázaro, en Santiago de Compostela (horarios de saída: ida 09:00 horas, regreso 10:00 horas). O Clúster asumirá os gastos de transporte, organización e cea espectáculo, mentres que cada asistente custeará o seu aloxamento (prezos especiais, en réxime AD: habitación dobre uso 63,50?, habitación dobre 79,00?) e o xantar do día de chegada (20?/persoa).
No workshop estará presente unha persoa por empresa (en caso de querer asistir dous, é preciso solicitalo) e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, polo que é necesario confirmar praza a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes do luns 22 de maio, indicándonos o seu nome, apelidos, empresa/entidade á que pertence e datos de contacto.

20 de Maio de 2017

Workshop da oferta turística galega en Salamanca

Co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística galega en destinos de proximidade, o Clúster Turismo de Galicia está a organizar unha primeira xornada de […]
18 de Maio de 2017

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
18 de Maio de 2017

O ICTE logra pór en marcha a Norma Internacional ISO para o sector hoteleiro

A irrupción de novas modalidades de aloxamentos non regulados, a confusión que iso xera entre os usuarios e as diferentes normativas de regulación hoteleira en cada […]
15 de Maio de 2017

Sustentabilidade e saúde, eixos do II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá os próximos 22 e 23 de maio o II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia #GastroForumCSHG, centrado nesta […]