Actividades

  • Os profesionais interesados en participar poderán reservar a data e hora das mesas.

 

O Clúster Turismo de Galicia asume, un ano máis, a xestión do espazo de negocios do stand de Galicia durante a próxima edición de FITUR, que se celebrará en Madrid do 21 ao 25 de xaneiro de 2026.

 

Este espazo, situado no pavillón 9 de IFEMA (parcelas 9C07 e 9C09), contará con 21 mesas destinadas á celebración de reunións profesionais entre empresas galegas e operadores turísticos, co obxectivo de facilitar o networking e xerar oportunidades de colaboración e negocio para o sector.

 

Para organizar a axenda de encontros, o Clúster habilitou o correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com, a través do cal as empresas interesadas poderán solicitar a reserva de data e hora das mesas. Na solicitude deberá indicarse a empresa participante, o operador co que se manterá a reunión e o número de asistentes. As reunións organizaranse en franxas de 30 minutos para optimizar o uso do espazo.

 

Durante a celebración da feira, a organización coordinará as citas e supervisará o correcto funcionamento da área de reunións.

 

  • Más de 1.500 profesionais participaron nos encontros celebrados na pasada edición

 

A experiencia da edición anterior avala a relevancia desta iniciativa. En 2025, máis de 1.500 profesionais participaron nos encontros celebrados na zona de networking do stand de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia, alcanzando unha cifra récord de 500 reunións profesionais.

 

A Feira Internacional de Turismo terá lugar en IFEMA, Madrid. O acceso exclusivo para profesionais será do 21 ao 23 de xaneiro, en horario de 10:00 a 19:00 horas. A fin de semana, o sábado 24 (de 10:00 a 20:00 horas) e o domingo 25 (de 10:00 a 18:00 horas), a feira abrirá as súas portas ao público xeral, que poderá coñecer de primeira man destinos e tendencias do sector turístico.

 

Os pases profesionais para asistir a FITUR 2026 poden adquirirse a través da páxina oficial do evento, onde se ofrece unha promoción especial para a compra en liña.

13 de Xaneiro de 2026

O Clúster abre o prazo de reservas para o espazo de negocios do stand de Galicia en FITUR 2026

Os profesionais interesados en participar poderán reservar a data e hora das mesas.   O Clúster Turismo de Galicia asume, un ano máis, a xestión do […]
16 de Decembro de 2025

‘Galicia Destino Sostible’ pon en valor a accesibilidade e a sostibilidade no turismo activo en Sportur Galicia

A iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ (GDS), impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta-Axencia Turismo de Galicia, tivo presenza destacada no VI Congreso Internacional de […]
01 de Decembro de 2025

25 profesionais participan no programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

A semana pasada comezou en Pontevedra o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”, unha iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, a […]
24 de Novembro de 2025

Galicia reforza a súa posición no mercado irlandés cun workshop profesional organizado polo Clúster

Seis axencias galegas e ‘Galicia Destino Sostible’ presentaron a súa oferta a unha trintena de operadores irlandeses e prensa especializada   O Clúster Turismo de Galicia […]