Actividades

  • Celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Silleda.

 

Do 5 ao 8 de xuño, o Recinto Feiral Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), volverá ser o escenario de dúas das citas máis relevantes do calendario turístico galego: Turexpo Galicia e Festur. Celebraranse de forma simultánea coa 47ª edición da Semana Verde de Galicia, un evento multisectorial que no 2024 congregou a máis de 84.000 visitantes, consolidando esta cita como unha das máis importantes do noroeste peninsular.

 

Na súa 14ª edición, Turexpo Galicia regresa cunha programación renovada que busca seguir a impulsar o turismo na comunidade, mentres que Festur, na súa 11ª convocatoria, poñerá en valor o peso cultural e económico das festas galegas de interese turístico, que cada ano atraen a miles de visitantes a pobos e cidades de toda a comunidade.

 

Un dos grandes focos de atracción será de novo a Bolsa de Contratación Turística, un espazo clave de encontros profesionais que na súa edición anterior bateu récords: 2.300 reunións B2B con 33 operadores turísticos procedentes de 11 países. Para este ano, a organización traballa en ampliar a presenza internacional e nacional, reforzando así o posicionamento de Galicia como destino estratéxico nos mercados turísticos.

 

A celebración conxunta con Festur engade un compoñente diferencial, ao destacar a diversidade cultural e a riqueza festiva de Galicia, elementos clave no seu atractivo turístico. As festas de interese turístico, xunto co patrimonio natural, a gastronomía e a hospitalidade das súas xentes, consolidan a Galicia como un destino cada vez máis valorado polo visitante nacional e internacional.

 

Como cada ano, o Clúster Turismo de Galicia estará presente cunha caseta propia no espazo de Turismo de Galicia, desde onde promocionará a oferta turística galega e marcas turísticas como ‘Galicia Destino Sostible’.

12 de Maio de 2025

Turexpo Galicia e Festur quentan motores para converter a Silleda no epicentro do turismo galego

Celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Silleda.   Do 5 ao 8 de xuño, o Recinto Feiral Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), […]
05 de Maio de 2025

O Clúster de Turismo de Galicia traslada á Xunta propostas clave para impulsar o emprego no sector turístico

O presidente e vicepresidente do Clúster, Cesáreo Pardal e Jesús Picallo, reuníronse co conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director de Turismo […]
05 de Maio de 2025

A ponte de maio sáldase cun 68 % de ocupación nos días centrais, segundo os datos do SIMADA

A estancia media mantense en tres noites e confírmase o aumento do turismo internacional, especialmente desde Portugal e América do Norte.   O sector turístico galego […]
05 de Maio de 2025

O valor de avanzar en común: o Clúster organiza unha nova edición do encontro anual do Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’

Trátase dun evento exclusivo para todas aquelas empresas que forman parte da marca turística ‘Galicia Destino Sostible’. Un espazo para compartir, aprender e avanzar cara a […]