Actividades

  • A cita internacional celebrarase en Italia entre o 8 e o 10 de outubro

 

O Clúster Turismo de Galicia (CTG) lanzou unha convocatoria para participar nunha nova misión comercial á feira TTG Incontri Rímini, un dos eventos profesionais de referencia no ámbito do turismo europeo, que se celebrará na cidade italiana do 8 ao 10 de outubro de 2025. O obxectivo principal é ofrecer ás empresas galegas unha plataforma para fortalecer a súa presenza en mercados exteriores e crear novas oportunidades de negocio internacional.

 

Turismo de Galicia contará na feira cun espazo expositivo propio, composto por un mostrador informativo e unha mesa de traballo. Esta última estará habilitada para facilitar as reunións de negocio das empresas participantes na misión comercial.

 

A expedición estará limitada a un máximo de 8 participantes. O paquete previsto inclúe voos de ida e volta (con saída o martes 7 de outubro e regreso o venres 10), aloxamento en Rímini en réxime de almorzo, traslados entre o aeroporto e o hotel, e seguro de viaxe. O custo de participación ascende a 800 euros por persoa, en concepto de servizos de internacionalización.

 

  • Proceso de inscrición

 

Para formalizar a participación, as persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes do luns 28 de xullo ás 15:00 horas, anexando:

 

  • Nome e apelidos
  • DNI
  • Empresa á que pertencen
  • Datos de contacto e de facturación
  • Xustificante do ingreso de 800,00 euros (en concepto de “Servizos de Internacionalización na feira TTG – Incontri Rímini 2025”)
  • O ingreso debe realizarse na conta do Clúster Turismo de Galicia con IBAN: ES56 0081 0499 6000 0167 4368

 

No caso de que unha persoa confirmada non asista sen causa xustificada recoñecida polo seguro de cancelación, deberá abonar unha penalización de 2.000 euros.

 

  • A iniciativa busca promover a internacionalización do sector turístico galego

 

Esta iniciativa enmárcase na estratexia do CTG de seguir apoiando a internacionalización das empresas turísticas galegas, facilitando a súa presenza en feiras clave do calendario europeo e promovendo o posicionamento de Galicia como destino competitivo e profesionalizado.

21 de Xullo de 2025

O Clúster Turismo de Galicia organiza unha misión comercial á feira TTG Incontri Rímini 2025

A cita internacional celebrarase en Italia entre o 8 e o 10 de outubro   O Clúster Turismo de Galicia (CTG) lanzou unha convocatoria para participar […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]
02 de Xullo de 2025

Os aloxamentos galegos teñen xa preto da metade das prazas vendidas para o mes de xullo

A previsión de estancia media para o vindeiro mes supera as cinco noites e o prezo medio por noite rolda os 100 euros. Galicia pechou o […]
02 de Xullo de 2025

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O xoves 17 de xullo de 2025 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Cluster de Turismo de Galicia no auditorio 1 do […]