Actividades

  • O sector turístico galego estará representado a través do espazo de Turespaña, que albergará as propostas de Turismo de Galicia e Galicia MICE.

 

Barcelona converterase outro ano máis na capital mundial do turismo de eventos, grazas á celebración da IBTM World, unha das citas marcadas no calendario do turismo MICE. A capital catalá celebra do 28 ao 30 de novembro unha nova edición da feira internacional, que serve de punto de encontro para os representantes da industria de conferencias, reunións e incentivos.

 

As actividades desenvolveranse nas instalacións da Fira Barcelona, congregando a máis de 3.000 destinos e proveedores de calidade, listos para establecer contactos con máis de 15.000 profesionais da industria de máis de 100 países de todo o mundo. O sector turístico galego estará representado nesta cita a través do espazo de Turespaña, que albergará entre outras propostas, as de Turismo de Galicia e Galicia MICE.

 

O programa desta IBTM World inclúe tres cheos días de actividades, mesas de debate, workshops e sesións formativas con diversa temática: desde a responsabilidade social ata a innovación, carreiras, experiencias e márketing. Profesionais do turismo MICE tomarán parte nun evento que contará con máis de 1.500 expositores e 2.650 hosted buyers. Os organizadores calculan que durante o evento se celebren máis de 100.000 reunións de negocios que permitirán a expositores e compradores establecer conexión cara a cara.

 

Estarán presentes empresas de xestión de viaxes de negocios, organizacións corporativas, empresas de xestión de destinos, empresas de xestión de eventos, axencias de incentivos, planificadores de reunións independentes, asociacións e sociedades internacionais, axencias de experiencias, organizacións non gobernamentais e organizadores profesionais de conferencias.

21 de Novembro de 2023

A IBTM World, unha das feiras máis importantes especializadas en turismo MICE, celébrase do 28 ao 30 de novembro en Barcelona

O sector turístico galego estará representado a través do espazo de Turespaña, que albergará as propostas de Turismo de Galicia e Galicia MICE.   Barcelona converterase […]
15 de Novembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra organizan a xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”

O foro de debate terá lugar o xoves, 23 de novembro, de 09:30 a 14:00h no Salón de Plenos do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra […]
15 de Novembro de 2023

Proveitosa misión comercial do Clúster á WTM de Londres

As empresas galegas desprazadas a Inglaterra mantiveron máis dun cento de encontros co fin de promocionar os seus produtos e o destino Galicia. A feira internacional […]
15 de Novembro de 2023

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior Intur

Unha decena de empresas asociadas ao CTG participarán na bolsa de contratación de Intur Negocios o 16 de novembro. A feira celébrase en Valladolid do 16 […]