Actividades

  • A feira celebrouse do 1 ao 3 de marzo no recinto de EXPOCoruña.
  • A marca ‘Galicia Destino Sostible’ contou cun stand propio a través do cal se promocionou a oferta turística sostible da rexión.

Esta fin de semana o recinto feiral de EXPOCoruña acolleu a celebración da V edición de BioCultura. O evento contou coa participación de 150 expositores e a celebración dun cento de charlas e actividades complementarias. Esta quinta edición estivo protagonizada polo ecoturismo, un segmento que non para de medrar e que permite que os turistas coñezan o destino a través de formatos que non destorcen a natureza, senón que teñen un impacto positivo nela.

 

O Clúster Turismo de Galicia participou nesta feira cun espazo propio a través do cal se promocionou a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ e o seu Club de Produto. Promocionouse o traballo que se fai en materia de sustentabilidade, promovendo ao mesmo tempo a oferta turística sostible da rexión.

 

Este espazo rexistrou unha afluencia de visitantes constante, destacando a xornada do sábado, cun afluxo notablemente alto. Durante as tres xornadas o espazo do Clúster recibiu a responsables de diversas de empresas de aloxamentos turísticos, así como de empresas de actividades turísticas, casas rurais, agroturismos, e empresas de actividades turísticas dedicadas a incentivos. Estas persoas sinalaron o seu interese por unirse á marca turística ‘Galicia Destino Sostible’, solicitando información sobre o proceso de adhesión, e polos requisitos obrigatorios para poder unirse.

 

Foron tres días de intensa actividade. Neste espazo tamén recibimos a persoas interesantes en coñecer o traballo do Clúster Turismo de Galicia, e de como podían formar parte desta agrupación de empresas; a visitantes interesados en coñecer información do destino en xeral, ou sobre actividades complementarias como sendeirismo ou rutas; e incluso persoas interesadas no programa Xacobeo Xove, unha iniciativa na que colabora o Clúster, e da que están dispoñibles os últimos bonos para gozar do Camiño de Santiago cun desconto de 200 €.

05 de Marzo de 2024

O Clúster promociona o Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ en BioCultura A Coruña 2024

A feira celebrouse do 1 ao 3 de marzo no recinto de EXPOCoruña. A marca ‘Galicia Destino Sostible’ contou cun stand propio a través do cal […]
27 de Febreiro de 2024

O ecoturismo protagonizará a V edición de BioCultura

A feira celebrarase do 1 ao 3 de marzo no recinto de EXPOCoruña. A marca Galicia Destino Sostible contará cun stand propio, promocionando a oferta turística […]
19 de Febreiro de 2024

O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais. A partir das […]
19 de Febreiro de 2024

O 36º Congreso de OPC España reunirá a máis de 250 profesionais na Coruña

A cita terá lugar do 22 ao 24 de febreiro en Palexco. O presidente do Clúster participará como moderador nunha mesa de debate sobre a mobilidade […]