Actividades

  • O sistema de monitorización de datos (SIMADA) ofrece datos de ocupación, prezos e canles de venda, o que permite a estes establecementos axustarse ás tendencias do mercado en tempo real.
  • A plataforma está dispoñible para calquera empresa de aloxamento que ceda os seus datos, que se consultarán sempre de forma agregada e anónima, con todas as garantías de seguridade e confidencialidade.

 

O Clúster Turismo de Galicia (CTG) presentou en FITUR o Sistema de monitorización de datos de aloxamento, SIMADA, unha ferramenta gratuíta que ofrece información relevante, en tempo real, aos establecementos hostaleiros para que poidan optimizar as súas estratexias e mellorar a súa rendibilidade.

 

Durante a presentación, que contou coa participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda e do director da Axencia de Turismo, Xosé Manuel Merelles, o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, sinalou que o obxectivo de SIMADA “é mellorar a competitividade do sector, cuxa colaboración será esencial para que sexa exitoso”.

 

A plataforma ofrece ás empresas adheridas datos actualizados de ocupación, prezos e canles de venda, o que lles permite tomar decisións estratéxicas e axustarse ás tendencias do mercado en tempo real. A información procede, esencialmente, dos sistemas de xestión dos propios aloxamentos e compleméntase con datos de web scrapping de sitios relevantes de comercialización turística e información estatística do INE ou AENA.

 

SIMADA é sistema gratuíto ao que poderá acceder calquera empresa de aloxamento que ceda os seus datos, que se consultarán sempre de forma agregada e anónima, con todas as garantías de seguridade e confidencialidade. O acceso á información realízase a través dunha aplicación web accesible e sinxela, deseñada para que calquera usuario poida aproveitar ao máximo as súas funcionalidades sen necesidade de coñecementos técnicos avanzados.

 

Para o Clúster esta é unha iniciativa de calado polo seu impacto na rendibilidade empresarial, polo que incentivará a súa integración entre as empresas de aloxamento, valorando o seu uso en ordes de axuda ou na participación en workshops. Ademais, a implantación de SIMADA contará co apoio da Administración autonómica, a través dun convenio coa Axencia de Turismo.

 

A posta en marcha de SIMADA responde varios dos retos expostos na Estratexia de Turismo de Galicia 2030: incrementar a rendibilidade das empresas, impulsar a transformación dixital do sector e a colaboración empresarial para mellorar a gobernanza do destino.

 

 

27 de Xaneiro de 2025

O Clúster pon en marcha unha ferramenta gratuíta para empresas de aloxamento, que facilita a toma de decisións e mellora a comercialización

O sistema de monitorización de datos (SIMADA) ofrece datos de ocupación, prezos e canles de venda, o que permite a estes establecementos axustarse ás tendencias do […]
20 de Xaneiro de 2025

A presentación do Clúster en Fitur 2025 ‘Da información ao éxito: Optimiza as túas decisións hostaleiras’ poderá seguirse en directo a través da web

A presentación do CTG será o mércores, 22 de xaneiro, a partir das 12:30 horas. Será xusto despois da exposición da Xunta de Galicia, ‘Galicia, terra […]
13 de Xaneiro de 2025

O Clúster presentará en FITUR 2025 o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento

A presentación, que terá lugar o 22 de xaneiro a partir das 12:30 horas no Pavillón 9 de IFEMA, poderá seguirse en directo vía streaming. A […]
13 de Xaneiro de 2025

Eventos clave do sector turístico en 2025

Xa podes consultar o calendario de feiras nas que participa Turismo de Galicia e xornadas de comercialización de Turespaña 2025. O sector turístico encara un 2025 […]