Actividades

  • O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, asistiu á inauguración da feira.

 

O Clúster Turismo de Galicia participa esta semana en Fairway 2025, a feira especializada no Camiño de Santiago que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela do 9 ao 11 de novembro. O evento, consolidado como o principal punto de encontro profesional en torno ao fenómeno xacobeo, reúne a empresas, institucións e axentes turísticos nacionais e internacionais.

 

O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, asistiu á inauguración oficial da feira, nun acto que contou tamén coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e outras autoridades autonómicas e locais.

 

  • Espazo propio e participación activa na área profesional

 

Nesta edición, o Clúster Turismo de Galicia, coa marca “Galicia Destino Sostible” conta cunha caseta propia dentro do recinto feiral, onde se están dando a coñecer as iniciativas que promoven a sostibilidade turística na comunidade, así como as máis de 150 empresas adheridas ao club de produto.

 

Ademais, o Clúster promoveu a participación dos seus asociados no workshop profesional que se celebra no marco da feira, un espazo no que se xeran novos contactos e créanse sinerxías con operadores nacionais e internacionais.

 

Ademais, Fairway 2025 inclúe, xunto á súa zona expositiva e o workshop B2B, o VI Fórum do Camiño de Santiago, que reúne a expertos, institucións e representantes do sector para debater sobre a profesionalización, a sostibilidade e a xestión do turismo en torno ao Camiño.

11 de Novembro de 2025

O Clúster participa na inauguración de Fairway Santiago 2025

O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, asistiu á inauguración da feira.   O Clúster Turismo de Galicia participa esta semana en Fairway 2025, a feira especializada […]
23 de Outubro de 2025

Workshop Dublín – Noviembre 2025

El Clúster de Turismo de Galicia está trabajando en la organización de un workshop en Dublín, que tendrá lugar el próximo 18 de noviembre. El objetivo […]
14 de Outubro de 2025

As empresas participantes na misión comercial do Clúster reforzan os seus vínculos co mercado turístico italiano na TTG Travel Experience de Rímini

A delegación mantivo unha media de 20 reunións profesionais por empresa no marco do Travel Open Day, previo á feira internacional italiana   A misión comercial […]
14 de Outubro de 2025

Últimos días para inscribirse na xornada “Eficiencia e Geotermia no Sector Turístico”, organizada por Acluxega coa colaboración do Clúster

O encontro reunirá a profesionais do turismo e a enerxía para abordar a sustentabilidade nos aloxamentos galegos   O vindeiro xoves, 16 de outubro, celebrarase en […]